luns, 31 de marzo de 2014

LEÓN MARIÑO

PABLO TRÓUXONOS Á CLASE UN PELUCHE DUN LEÓN MARIÑO.
AO PRINCIPIO PENSAMOS QUE ERA UNHA FOCA, PERO ATOPAMOS ALGUNHA CARACTERÍSTICA QUE OS DIFERENCIABA: OÍDOS EXTERNOS.


                                                    

CREBACABEZAS EN GRUPO

O OUTRO DÍA IVÁN, GAEL E ARIADNA DESCUBRIRON UN NOVO XOGO QUE LEVA CON NÓS DENDE O PRIMEIRO DÍA NA AULA. NON LLE PRESTARAMOS ATENCIÓN ATA QUE ALGUÉN DIXO "UFF, QUE DIFÍCIL, CANTAS PEZAS XUNTAS".

A MESTRA BOTOUNOS UNHA MAN PARA SEPARAR AS PEZAS POR GRUPOS


UNHA VEZ SEPARADAS AS PEZAS, OBTIVEMOS 4 CREBACABEZAS DIFERENTES.
BRAIS INCORPOROUSE AO TRABALLO E VEUNOS MOI BEN, XA QUE DESA MANEIRA CADA NEN@ FARÍA UN CREBACABEZA (4-4)


PARA FACILITAR O TRABALLO EN XOGOS POSTERIORES, DECIDIMOS COLOCAR GOMETS DE DIFERENTE COR PARA CADA GRUPO DE CREBACABEZAS




E ASÍ QUEDARON UNHA VEZ MONTADOS...


ENSINÁMOSLLE AOS COMPIS O QUE FIXERAMOS 
E XOGAMOS EN PEQUENOS GRUPOS






SOPA VERDE


Era unha vez un coello
ao que só lle gustaba o verde:

leitugas verdes,
brócolis verdes,
coles verdes,chícharos verdes,
espinacas verdes,
alcachofas verdes,
pementos verdes…

                                

Os nosos compañeiros Rubén e  Marcos leron para o grupo de Infantil este "saboroso" conto, facéndonos espertar todos os nosos sentidos.
Como sabería realmente esa sopa verde?




MOITAS GRAZAS RAPACES!

venres, 28 de marzo de 2014

A RÚA MODERNA - A RÚA ANTIGA

Noelia e Paula xa son dúas compañeiras habituais de lectura na aula de infantil. Disfrutamos moito da súa compaña e animámolas a que continúen vindo a ensinarnos novas cousas.
Nesta ocasión a lectura trataba dun traballo que realizaran na aula co mestre Jaime no que analizaran, a través da redacción escrita, as imaxes dunha rúa moderna e dunha rúa antiga.








MOITAS GRAZAS!

"NON FAI FALTA A VOZ"

Seguindo coa actividade da lectura na escola, nesta ocasión o narrador foi o noso compañeiro Marcos, que leunos e mostrounos o álbum ilustrado "Non fai falta a voz".


Todos os animais teñen a súa voz. 
(...)
 
O can ladra.
Os cachorriños responden.
 
O gato miaña.
Os gatiños… tamén!
 
(...)
 
E a xirafa?

A xirafa non ten voz.
E a xirafiña, aínda menos!
 
Pero a xirafa ten un pescozo moi longo…
Tan longo que, con el,
acariña a súa cría.




Gustounos moito a idea de dicir iso que sentimos pero sen palabras... 




"MI LIMÓN, MI LIMONERO"

O MESTRE LUIS ENSINOUNOS EN CLASE DE MÚSICA A CANTIGA "MI LIMÓN, MI LIMONERO". GUSTOUNOS MOITO! TANTO, TANTO, QUE NO RECUNCHO DO XOGO SIMBÓLICO CONVERTÉMONOS EN HENRY STEPHEN, INTERPRETANDO A CANTIGA EN DIRECTO.


E AGORA A NOSA VERSIÓN...

xoves, 27 de marzo de 2014

O CORPO FALA!

O CORPO É UN GRAN MEDIO DE COMUNICACIÓN NON VERBAL, PERMITÍNDONOS EXPRESAR OS DIFERENTES ESTADOS DE ÁNIMO. SEGUNDO A POSICIÓN QUE ADOPTEMOS TRANSMITIMOS UNS ESTADOS OU OUTROS.

A MESTRA SUXIRIUNOS QUE PODERIAMOS DEBUXAR AS NOSAS POSICIÓNS CORPORAIS NO CHAN, XOGANDO A POSTERIORI CON ELAS.

PARECEUNOS ESTUPENDO!!! E ASÍ O FIXEMOS!!!











A CHEGADA DUN IRMÁN

FAI UNS DÍAS O NOSO AMIGO ADRIÁN TIVO UN IRMANCIÑO. EXPLICOUNOS QUE O SEU IRMÁN DANIEL NACERA ANTES DE TEMPO, E QUE ENTÓN OS MÉDICOS TIVERON QUE METELO NUNHA "CAIXIÑA DE PLÁSTICO". A SÚA EXPLICACIÓN SUSCITOU MOITAS PREGUNTAS QUE POUCO A POUCO AS FOMOS DISIPANDO...

DANIEL ATOPÁBASE NUNHA INCUBADORA!!!

IMAXINAMOS QUE TIÑAMOS A UN BEBÉ NOS BRAZOS, O MECEMOS CON MOITO COIDADO, AGARRÁNDOLLE A CABECIÑA...











CONSTRUÍMOS A NOSA PROPIA INCUBADORA, A PARTIR DUNHA IMAXE.



INVESTIGAMOS SOBRE A SÚA FUNCIÓN E ESTRUCTURA; ILUSTRÁNDOO EN FORMA DE LIBRO QUE REGALAMOS AO NOSO AMIGO ADRIÁN!

TEO
GAEL
IAGO
ADRIÁN
LOIS
ELOY
MENCÍA
PARABÉNS FAMILIA DE ADRIÁN!