venres, 22 de decembro de 2017

FELICITACIÓN MUSICAL DE NADAL


 

FESTIVAL NADAL 2017

XOGAR, COMER, DURMIR



ORELLAS DE BOLBORETA



 OS TRES PORQUIÑOS


https://youtu.be/smHAVYPXfUg



CSM 11. EN TODO TEMPO FAZ BEN


MAND´EI COMIGO Martín Códax (Pergamino Vindel)


AD HONOREM Códex Calixtinus S. XIII

  

martes, 12 de decembro de 2017

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 17

O alumnado de educación infantil participou no concurso de postais de Nadal organizado polo concello de Vedra.
Primeiramente realizamos un remuiño de ideas sobre aqueles elementos característicos do Nadal.

Analizamos cada un dos conceptos atendendo a diversas temáticas:
- Personaxes
- Animais
- Elementos decorativos
- Vexetación
- Postres típicos

Por outra banda, lemos e analizamos un libro en formato cómic que trouxo ao colexio o noso compañeiro Antón e que ten por protagonista a unha personaxe do Nadal moi coñecido.






Cada neno/a escolleu un dos elementos seleccionados e representouno na cartolina:




Este foi o resultado...

Árbore de Nadal - Paulo
Cervo - Álvaro
Un Rei Mago co seu camelo - Ibai
Luces de Nadal - Siro
Papá Noel - Noelia
Papá Noel - Telmo
Árbore de Nadal con luces - Alba
Regalo - Rosalía
Cervo - Vera
Luces de Nadal - Daniel
Luces de Nadal - Pello



A árbore e o tren ao seu arredor - Antón



 O reno de Papá Noel - Xoel



 A  cheminea pola que baixa Papá Noel - Mateo



 Papá Noel - Cristina



 Papá Noel - Yasmina



 Papá Noel cos agasallos - Carmen




 Papá Noel - Silvia



 Árbore de Nadal - Carlota



 Os agasallos - Leo



Trineos con agasallos - Marco



Persoas na festa cos agasallos - Marcos



Unha casa cos adornos de Nadal - Zoe

sábado, 9 de decembro de 2017

CHEGA O NADAL!

Ante a proximidade dunha data tan importante como é o Nadal, durante estas dúas semanas previas ao remate do primeiro trimestre, traballaremos nos recunchos a temática destas festas tan sinaladas. 

Para iso, poñevos á vosa disposición os seguintes enlaces cos que traballaremso no recuncho dos Ordenadores. 

O Apalpador en canción a cargo de Brinca Vai. 


"O APALPADOR" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "BRINCA VAI!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Está publicado por KALANDRAKA.
Ademais de música, nestas direccións atoparedes actividades na rede relacionadas co Nadal:
Libro Lim sobre tradicións de Nadal para diferentes idades extraído do blog Aula TIC.



 Libro LIM sobre as tradicións do Nadal. 





Crea o teu propio boneco de neve:






Decora a túa propia árbore de Nadal:




xoves, 30 de novembro de 2017

OS NOSOS ANIVERSARIOS

Este curso decidimos realizar novas actividades para celebrar un día tan importante como é do aniversario de cada un.

PHOTOCALL.





Adoptamos este termo para referirnos ao mural que serve de fondo para a realización das fotografías. O photocall funciona como un espazo que habilitamos unicamente nos días próximos ao aniversario de cada neno ou nena. Deste xeito, actúa como un elemento indicador de que esa semana na clase, estamos a celebrar un evento moi importante diferente a todas as demais rutinas semanais.

Ademais do fondo, o photocall está acompañado dunha mesa onde os nenos e nenas poden atopar:
- Elementos para caracterizarse para a fotografía.
- Bocadillos con mensaxes e dedicatorias para o compañeiro/a que cumpre anos.



OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:

  • Iniciarse no uso da cámara fotográfica e na realización das fotografías (encadre, xestos, colocación espacial...). 
  • Identificar e diferenciar as mensaxes longas e as mensaxes curtas (recoñecemento visual).
  • Contabilizar o número de palabras das mensaxes.
  • Identificar e seleccionar de entre todas as mensaxes, aquela que queremos enviar según o que queiramos transmitirlle ao noso amigo/a.
  • Recoñecer palabras clave que permitan identificar a mensaxe (candeas, agasallos, desexo...).
  • Interpretar o significado da mensaxe (lectura).
  • Coñecer unha nova tipoloxía de texto: o cómic (a través do uso dos bocadillos).
  • Disfrutar compartindo experiencias e momentos cos amigos e amigas.








As actividades realizadas en torno ás mensaxes de felicitación poden ser tanto individuais como grupais.

Aquí tedes algúns exemplos dos resultados do photocall.







Coas fotografías feitas durante o día, cada neno/a elabora unha cadro que decora ao seu gusto para levalo como recordo da celebración do seu aniversario no colexio.


A LIÑA DO TEMPO

Acompañando ao photocall, durante a semana do aniversario, cada neno/a elabora a súa liña do tempo a partir das fotografías que trae da casa.
A liña do tempo é unha recta na que situamos os números correspondentes a cada ano de vida. O neno ou nena debe colocar as fotografías por orde cronolóxica para o cal é moi importante que visualicen os cambios físicos que sofren dun ano para outro.






OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:

- Ser conscientes do paso do tempo.
- Apreciar os cambios que se producen en nós mesmos según medramos.
- Achegarse ao ano como unidade de medida do tempo.
- Coñecer a recta numérica.
- Ser capaz de ordenar cronoloxicamente diferentes momentos representados en fotografías.
- Describir o contido das imaxes asociándoas a vivencias persoais.
- Ser capaz de elaborar preguntas sobre as fotografías que presentan os compañeiros/as.