domingo, 24 de xaneiro de 2016

DIRECTOR OU DIRECTORA DE ORQUESTRA


ACTIVIDADE – XOGAMOS A PENSAR
DIRECTOR OU DIRECTORA DE ORQUESTRA
CARTA DE XOANIÑA
2 – DECEMBRO – 2015
OLA AMIGOS E AMIGAS:
ESTADES LISTOS PARA XOGAR AO XOGO DO DIRECTOR OU DIRECTORA DE ORQUESTRA?
AS INSTRUCIÓNS DARÁVOLAS A VOSA MESTRA.
BIQUIÑOS AGARIMOSOS,
XOA
DESCRICIÓN
-          EMPREGAR O CORPO COMO INSTRUMENTO MUSICAL.
-          RECOÑECER AS CONSIGNAS ESTABLECIDAS.
-          PRESTAR ATENCIÓN E IDENTIFICAR AO DIRECTOR E DIRECTORA DE ORQUESTRA A TRAVÉS DOS SEUS MOVEMENTOS.


ESCENARIO DO CONTO INVENTADO


ACTIVIDADE – XOGAMOS A PENSAR
ESCENARIO DO CONTO INVENTADO
CARTA DE XOANIÑA
25 – NOVEMBRO – 2015
OLA AMIGOS E AMIGAS:
A VOSA MESTRA MIRIAN CONTOUME QUE ESTABADES ESCRIBINDO UN CONTO CUXO PERSONAXE PRINCIPAL É UN CAN.
QUE VOS PARECE DEBUXAR OS ESCENARIOS ONDE TEN LUGAR O CONTO?
BIQUIÑOS AGARIMOSOS,
XOA
DESCRICIÓN
-          IDENTIFICACIÓN DE DIFERENTES PAISAXES, ASÍ COMO DE ANIMAIS E PLANTAS QUE O CONFORMAN.
-          DEBUXO DO ESCENARIO ESCOLLIDO.
Mar
Montaña
Deserto
Selva
Xungla
Río


GARBANCITO


ACTIVIDADE – XOGAMOS A PENSAR
CONTO: GARBANCITO
CARTA DE XOANIÑA
18 – NOVEMBRO – 2015
OLA AMIGOS E AMIGAS:
TROUXEN COMIGO O MEU LIBRO: “JUGAR A PENSAR CON CUENTOS”.
QUEREDES DESCUBRIR QUE SEGREDOS GARDA NO SEU INTERIOR?
BIQUIÑOS AGARIMOSOS,
XOA
DESCRICIÓN
-          ESCOITA ACTIVA DO CONTO.
-          DRAMATIZACIÓN DO CONTO, INTERPRETANDO AOS PERSONAXES QUE O COMPOÑEN.



A CASTAÑOCA


ACTIVIDADE – XOGAMOS A PENSAR
A CASTAÑOCA
CARTA DE XOANIÑA
11 – NOVEMBRO – 2015
OLA AMIGOS E AMIGAS:
A FESTA DO MAGOSTO ESTÁ CERCA E A MIN GUSTARÍAME COMPARTILA CON VOS A TRAVÉS DUN XOGO: A CASTAÑOCA.
GUSTARÍAVOS AXUDARME A FABRICALO?
BIQUIÑOS AGARIMOSOS,
XOA
DESCRICIÓN
-          RELACIONAR A IMAXE CO TEXTO (VOCABULARIO).
-          LECTURA E COMPRENSIÓN DAS INSTRUCIÓNS DE XOGO.
-          APLICACIÓN DO XOGO NO RECUNCHO DA LÓXICA-MATEMÁTICA.










UVAS PASAS

ACTIVIDADE – XOGAMOS A PENSAR
UVAS PASAS
CARTA DE XOANIÑA
21 – OUTUBRO – 2015
OLA AMIGOS E AMIGAS:
QUEREDES XOGAR A PENSAR COMIGO?
HOXE EXPERIMENTAREMOS COAS UVAS PASAS A TRAVÉS DOS CATRO SENTIDOS: VISTA, TACTO, OÍDO, OLFATO E GUSTO.
BIQUIÑOS AGARIMOSOS,
XOA
DESCRICIÓN
-          SENTIR AS UVAS PASAS EMPREGANDO OS CINCO SENTIDOS.
-          RELACIONAR AS PARTES DA CARA CO SENTIDO CORRESPONDENTE.


martes, 19 de xaneiro de 2016

O RATIÑO PÉREZ

Hoxe tivo lugar un gran acontecemento: A Joel caeulle un dente durante a asemblea. Gardámolo nunha bolsiña e observamos a súa forma. Saíron comentarios moi diversos:

- Que pequeno!
- Ten sangue!
- En que lugar da boca estaba?
- Caeulle so ou arrancouno?
- E agora? Naceralle un novo dente?
- Virá o ratiño Pérez pola noite a súa habitación?
- ...

Aquí vos deixamos unha magnífica animación en 3 D na que se narra a historia do ratiño Perez dende que deixamos o dente debaixo da almofada ata que atopamos a gran sorpresa.




domingo, 10 de xaneiro de 2016

ÁRBORES, PLANTAS E ARBUSTOS

O alumnado de 3º de Primaria realizou un traballo sobre algunhas das árbores, plantas e arbustos da nosa contorna.




TRABALLOS DE PLÁSTICA - VARIOS

RETRATOS


CABAZAS - PAPEL MACHÉ