luns, 13 de xullo de 2015

A VISITA DOS BOMBEIROS

O último día do curso recibimos unha visita moi especial: OS BOMBEIROS!
Explicáronnos o importante que era coidar o monte, non tirando lixo nin facendo lume; así como as repercusións que poderían ter eses actos para o medioambiente (plantas e animais) e para a vida do ser humano.
Pablo converteuse nun verdadeiro axudante, probando o traxe dos bombeiros.


Ensináronnos o funcionamiento do camión de bombeiros e ata puidemos subir nel! E para refrescarnos... que mellor maneira que coa auga das mangueiras!!

A MANDOLINA DE FERNANDO BOTERO

UN  DÍA NO QUE FERNANDO ESTABA DEBUXANDO UNHA MANDOLINA  NO SEU ESTUDO DE MÉXICO, OCORRÉUSELLE DEBUXAR UN PUNTIÑO MINÚSCULO EN LUGAR DO BURATIÑO CENTRAL PARA O SON.
DE AQUEL DEBUXO RESULTOU UNHA MANDOLINA INFLADA DE TAMAÑO XIGANTESCO.

BOTERO ACABABA DE ENCONTRAR O SEU PROPIO ESTILO DE PINTURA! O BOTERISMO.


OS ELEFANTES DO IOGA

UN DÍA ATOPÁMONOS NA ENTRADA DO COMEDOR UNHA IMAXE QUE FORMABA PARTE DA ACTIVIDADE "AS IMAXES INSPIRADORAS", PROPOSTA POLA COORDINADORA DA BIBLIOTECA.
CADA NENO/A EXPRESOU VERBALMENTE O QUE AQUELA IMAXE LLE SUXERÍA, PERCATÁNDONOS QUE NA MAIORÍA DAS REFLEXIÓNS FACÍASE FINCAPÉ EN EXPRESIÓNS RELACIONADAS COA CALMA, A TRANQUILIDADE, A ALEGRÍA...


REPRESENTAMOS INDIVIDUALMENTE A FIGURA DO ELEFANTE, POSTURA QUE XA PRACTICARAMOS DURANTE OS EXERCICIOS DE RELAXACIÓN, PRESTANDO MOITA ATENCIÓN Á RESPIRACIÓN E Á POSICIÓN CORPORAL.


FINALMENTE DEBUXAMOS O NOSO ELEFANTE ACOMPAÑÁNDOO DO TEXTO QUE NOS INSPIRABA A IMAXE, E COLGÁMOLO NA ENTRADA EN FORMA DE MÓBIL CO TÍTULO "OS ELEFANTES DO IOGA".


ANIVERSARIOS DO 3º TRIMESTRE

No 3º trimestre tivemos de aniversario aos nosos amigos/as: Iago, Iván, Gael, Beltrán, Minia, Noelia e Xulia.



4 ANOS


5 ANOS


6 ANOS


Preparamos unhas brochetas de froita con chocolate...


PASÁMOLO  PIPA!

venres, 10 de xullo de 2015

COMPOSICIÓNS PLÁSTICA

Ao longo do curso o alumnado de Primaria realizou, coa mestra Rosario, unha serie de composicións a partir de temáticas diversas.







FROITA NO CEIP ORTIGUEIRA 14-15

FROITA CON ARTE