luns, 22 de xaneiro de 2018

VINDEVÍDEOS

Vídeo gañador do 2º premio no certame VINDEVÍDEOS, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Organización Universitaria

AS PONTES

Este curso dende o Equipo de Biblioteca do centro propuxemos tratar as pontes como núcleo temático de traballo entre os diferentes grupos e aulas do colexio. Nos recunchos  que comezamos esta semana coñeceremos as pontes sobre o río Ulla, construiremos con pezas Lupo a nosa propia ponte e faremos medicións sobre este elemento arquitectónico.

Ademais, no recuncho de ordenadores, imos coñecer como se constrúe unha ponte moderna a través deste vídeo.



E neste outro enlace elaboraremos as nosas propias construcións con pezas.

domingo, 21 de xaneiro de 2018

RECUNCHOS PROGRAMADOS 1º TRIMESTRE

Nesta nova gustaríanos facervos un breve resumo das actividades que se levaron a cabo nos recunchos programados do primeiro trimestre.