domingo, 13 de marzo de 2016

ESTAMPA DE FOLLAS DE OUTONO


XXI XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA 2016


A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en colaboración co Concello de Vedra organizan as XXI Xornadas arredor da Camelia, que este ano lucirán co seu máximo esplendor o día 28 de febreiro no entorno do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.

16º CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA
Está aberto o prazo para presentarse ao concurso ata o 19 de febreiro, poderán participar os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

- Realización do debuxo da camelia a partir do estudo das súas partes, dos diferentes tipos...



- Decoración da maqueta coa axuda da ANPA.


- Elaboración da nosa maqueta en base á maqueta orixinal.


DATA
MARZO DO 2015

ACTIVIDADE
A MAQUETA DA CAMELIA
ÁREAS DE APRENDIZAXE
-          ARTE
-          LÓXICA-MATEMÁTICA
-          LECTOESCRITURA
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
-          VISUALIZACIÓN DA MAQUETA FINAL REALIZADA PARA A EXPOSICIÓN DA CAMELIA.
-          DETECCIÓN DAS ESTANCIAS DO COLEXIO: PORTAS, VENTÁS, PORCHE, ESCALEIRAS…
-          CONSTRUCIÓN EN PEQUENOS GRUPOS DA MAQUETA DO COLEXIO, PARTINDO DA MAQUETA INICIAL.
-          SITUACIÓN DE CADA UNHA DAS DEPENDENCIAS NO PAPEL (DEBUXO E TEXTO).
OBXECTIVOS
-          DESENVOLVER UNHA MIRADA ATENTA.
-          FAVORECER A IMAXINACIÓN A TRAVÉS DAS SÚAS CREACIÓNS.
-          LOCALIZAR OS ESPAZOS NO PLANO.
-          RESPECTAR AS OPINIÓNS DOS SEUS COMPAÑEIROS/AS.
-          ASOCIAR CADA DEPENDENCIA CO SEU NOME.



sábado, 12 de marzo de 2016

TAREFAS PROGRAMADAS NOS RECUNCHOS 2º T.

RECUNCHO DA CONSTRUCIÓN E PSICOMOTRICIDADE

- Creación de edificacións co sistema LUPO
- Emprego das colchonetas (rolo, cabalo)
- Xogo de chapas - recorrer os camiños
- Clasificación dos tapóns a partir da súa cor (caixa de zapatos)
- Elaboración de obxectos a través de pezas de construción


RECUNCHO DE ARTE

- Estampación de follas de outono, creando unha paisaxe.
- Estampacións de siluetas e posterior decoración con obxectos propios do recuncho (botóns, papeis, témperas, cintas...)
- Reprodución da obra de Luis Seoane: Mater Galliciae, conmemorando o Día Internacional da Muller Traballadora


RECUNCHO DE CIENCIAS

- Asociación de imaxes coa súa parella: observación e memorización
- Elaboración dun menú equilibrado no almorzo, merenda e cea
- Composición dunha figura humana: corpo e vestimenta
- Emprego da balanza: pesos e equivalencias
- Uso do batán como maquinaria de prensar (plastilina), empregando a nosa forza en lugar da enerxía exercida pola auga


RECUNCHO DE LÓXICA-MATEMÁTICA

- Crebacabezas variados
- Suma de regretas, empregando táboas
- O xogo do bingo
- O xogo dos barquiños a partir de táboas de dobre entrada: filas (números), columnas (letras)
- A baralla española: o xogo do cinquillo


RECUNCHO DO ORDENADOR

- Visualización das novas publicadas no Blog do centro
- Xogos online: Rosalía de Castro
- Lectura do conto "O libro dos porcos" (Día Internacional da Muller Traballadora)




RECUNCHO DE BIBLIOTECA

- Ordenamos a biblioteca
- Escribimos tarxetas de felicitacións
- Producimos a data empregando maiúsculas e minúsculas
- Escribimos as fórmulas de final de conto







RECUNCHO DO XOGO SIMBÓLICO

- A casa, os barcos, as ferramentas...

martes, 8 de marzo de 2016

MICKEY MAESTRO - WILLIAM TELL OVERTURE

O mestre Luís mostrounos este vídeo onde Mickey Mouse é o director dunha orquestra moi singular... cuxa actuación vese interrompida pola música incesante e continua das numerosas frautas que o pato Donald agocha baixo as súas vestimentas.

luns, 7 de marzo de 2016

O LIBRO DOS PORCOS

“O libro dos porcos” de Anthony Browne en Kalandraka é un álbum ilustrado que nos presenta unha nai como tantas, cun home e uns fillos que, compracidos e esixentes, estomballados no sofá, teiman en convertela cada día nun ser invisible e sen rostro que traballa sen descanso. Ata que decide marchar.
Neste conto búscase concienciar aos nenos/as da importancia de realizar as tarefas do fogar entre todos os membros da familia. Por un traballo compartido!

"MARUXA"

No día da Muller Traballadora lembramos aos nosos amigos Patricia e Roberto, dous compañeiros/as de Primaria, que viñeron lernos o conto de "Maruxa", facéndonos lembrar a importancia da achega dunha sociedade igualitaria entre homes e mulleres. Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo de casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude...


Maruxa e Pepiño vivían na aldea.
Maruxa cosía, varría e labraba.
Benito cantaba, folgaba e durmía.
Mais un día...



















Moitas grazas PATRICIA (Maruxa) e ROBERTO (Pepiño). Botámosvos de menos!

SILVIO RODRÍGUEZ "MUJERES"

O 8 de marzo rememórase unha tradición que representa alomenos 8 décadas de loita pola igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento: O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.

Neste día lembramos a moitas mulleres que aportaron a súa forza, intelixencia, valentía e creatividade nos cambios sociais das distintas épocas da historia; destacando en diversos ámbitos, tales como a medicina, educación, artes, política, literatura, ..., sempre en loita polos dereitos humanos. 

Silvio Rodríguez na súa obra "Mujeres", realiza unha homenaxe a gran labor de tantas mulleres, nomeando a figura de: Gabriela Mistral, Violeta Parra, Frida Kahlo, Camille Claude, Laura Rodig, Eloísa Díaz, Amanda Labarca, Elena Caffarena, Rebeca Matte, Mercedes sosa, Gladys Marín, Hannah Hoch...

Nós, dende a escola, queremos formar parte deste bonito recoñecemento, aprendendo o retrouso da cantiga e dedicándolla ás nosas nais.

"ME    HAN    ESTREMECIDO
UN    MONTÓN    DE    MUJERES
MUJERES    DE   FUEGO,
MUJERES    DE    NIEVE”

mércores, 2 de marzo de 2016

TVG - A REVISTA

Dende o pasado curso 2014-2015 o centro atópase inmerso nunha iniciativa arquitectónica dirixida e coordinada polo arquitecto Fermín Blanco.
O proxecto que plantexa é un proxecto diferente, novidoso onde se trata de dar resposta aos intereses e motivacións de toda a comunidade educativa. Pais, mestres/as e por suposto os nenos/as convértense nos creadores e creadoras da nosa nova escola. E como? Pois "repensando a escola", a través dunha reflexión persoal e pedagóxica acerca da nosa escola ideal.

O martes 2 de marzo a TVG, no programa "A revista", retransmitiu en directo unha das propostas realizadas neste curso académico: A xeometría como elemento da natureza. Nesta retransmisión puidéronse observar momentos concretos onde tivo lugar a creación de cabanas con vimbios a partir de diferentes formas xeométricas, partindo da orixe (maquetas) ata o resultado final (estruturas a escala real).


1ª Parte: Minuto 25 - Segundo 26
2ª Parte: Minuto 49 - Segundo 10