venres, 27 de maio de 2016

CONCURSO DE POESÍA INFANTIL: O CUCO

O alumnado de Educación Infantil decidiu representar o poema de "O cuco" de Manuel María para o concurso de poesía do centro.

O CUCO

CANTA CUCO OU CALA CUCO
EU EN TI XA NON CHE CREO
DESDE QUE SEI QUE VAS POÑER
O TEU OVO EN NIÑO ALLEO.

DESDEIXADO E PREGUICEIRO,
TAN SÓ PENSAS EN FOLGAR.
SOAMENTE DIS DÚAS NOTAS
E XA TES QUE DESCANSAR!

CANTA CUCO OU CALA CUCO,
PREGUICEIRO, NUGALLÓN:
A MIN POUCO CHE ME IMPORTA
QUE ESTEAS CANTANDO OU NON!

Manuel María

As ilustracións escollidas polo xurado foron as de:

Carlota Mera Río

Leo Gamallo Lareo

Telmo Canosa Barco

Beltrán Canosa Barco

Joel Estévez Valladares

Ariadna Castro Casal

KIT CAIXA HÁBITOS SAUDABLES


Descripción del kit

El kit de Hábitos Saludables ha sido creado y desarrollado en colaboración entre Fundación SHE y Fundación "la Caixa".
El KitCaixa de "Hábitos Saludables", permite a los niños de educación infantil reflexionar sobre sus acciones cotidianas. Cada actividad está relacionada con algún aspecto de la salud. A partir de todas las actividades incluidas dentro del kit se trabajará la alimentación, el descanso, la importancia de tener una vida activa, el conocimiento de las partes del cuerpo, los sentidos y las emociones.
Cada una de las actividades está presentada por el Dr. Ruster y Elmo, los personajes de Barrio Sésamo y por Cardio, una representación del corazón que forma parte del programa educativo de la Fundación SHE que ayudará a los alumnos a saber que todo lo que hacen repercute en su corazón.
El kit está formado por pequeñas narraciones para leer, juegos y dinámicas y muchos elementos visuales que permiten llenar la vida del aula de hábitos saludables. Además, el profesorado dispone de un material pedagógico para trabajar las actividades en clase y para hacer participar a las familias.





MALETA VIAXEIRA DE CIENCIAS NATURAIS

As Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia puxeron a disposición dos centros unha maleta viaxeira de diferentes temáticas. A temática escollida polo noso centro foi as Ciencias Naturais. O alumnado de Educación Infantil puido gozar durante unha semana dunha variedade de contos escollidos e seleccionados por profesinais do ámbito da pedagoxía e das ciencias naturais.


XOGAMOS AO CINQUILLO

Na aula utilizamos recursos de uso cotiá para o desenvolvemento das habilidades matemáticas. Un dos materiais empregados son as cartas, e o xogo escollido: O CINQUILLO.

Os obxectivos a desenvolver son:

- Relacionar o número coa cantidade.
- Colocar de maior a menor os números.
- Establecer seriacións atendendo á cor das cartas.
- Agardar a quenda de xogada.
- Aceptar as reglas do xogo.

Como xogamos?

- Explicamos a funcionalidade das cartas e as normas do xogo.


- Xogamos en gran grupo ao cinquillo.




- Distribuímonos en pequenos grupos (3-4 nenos/as), cun dos palos da baralla (oros, espadas, bastos ou copas).





- Xuntamos 2 grupos e 2 palos da baralla.



xoves, 26 de maio de 2016

GUIUSEPPE ARCIMBOLDO

Durante o mes de inverno traballamos no recuncho de arte unha das obras de Guiseppe Arcimboldo: El invierno.




DATA
FEBREIRO DO 2016
ACTIVIDADE
GIUSEPPE ARCIMBOLDO
ÁREAS DE APRENDIZAXE
-          ARTE
-          CIENCIAS
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
ELABORACIÓN DUN CADRO A PARTIR DA OBRA DE ARCIMBOLDO.
COMPOSICIÓN DUNHA CARA, EMPREGANDO VERDURAS E HORTALIZAS DE TEMPADA.
OBXECTIVOS
-          IDENTIFICAR A OBRA CO SEU AUTOR.
-          RECOÑECER OS DATOS MÁIS RELEVANTES DA SÚA OBRA.
-          OBSERVAR CON ATENCIÓN, SELECCIONANDO AS CARACTERÍSTICAS COMÚNS DOS SEUS CADROS.
-          RESPECTO DAS OPINIÓNS E ELECCIÓNS REALIZADAS POLOS INTEGRANTES DO GRUPO.


Empregamos froitas e hortalizas de tempada para a elaboración das nosas creacións, organizándonos en pequenos grupos.


Este foi o resultado...



Tras a súa manipulación decidimos botar os restos ao composteiro...


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

O venres pasado celebramos o Día das Letras Galegas.
Comezou a xornada a través da representación musical do poema de Manuel María "o cuco". A continuación cada neno/a premiado no concurso de poesía que realiza o centro, leu o seu poema aos compañeiros/as e mestres/as. Finalmente, e seguindo coa tradición de "apadroamento de lectores", o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria procedeu a ler un conto escollido ao alumnado de educación infantil e 1º e 2º de Primaria.

BATÁN

A familia de Mingos e Tareixa cederon a aula de infantil un batán artesán da súa familia. Mingos explicounos que un batán é unha máquina destinada a transformar os tecidos abertos en outros máis tupidos. Comentounos que funcionan a través da forza da corrente de auga que fai mover unha roda hidráulica e que activa os mazos que posteriormente golpeaban os tecidos ata compactalos.

Para comprobalo empregamos un anaco de plastilina en lugar do tecido e a forza do corpo en lugar da enerxía da auga.





Moitas grazas á familia de Mingos e Tareixa pola súa aportación!

ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE 2016

No segundo trimestre tivemos de aniversario aos nosos amigos e amigas: Carlota, David, Mariña, Xiana Raviña, Nuria, Joel e Iván.

Parabéns a todos/as!





mércores, 25 de maio de 2016

TEATRO: PACO PAPÁN

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL REPRESENTARÁ NESTE CURSO 2015-2016 O CONTO ADAPTADO DE PACON PAPÁN.
AGRADECERLLES DE ANTEMÁN ÁS FAMILIAS A SÚA COLABORACIÓN NA ELABORACIÓN DOS ESCENARIOS.


luns, 9 de maio de 2016

MANUEL MARÍA - GALICIA

GALICIA

GALICIA DOCEMENTE
ESTÁ OLLANDO O MAR:
TEN VALES E MONTANAS
E TERRAS PRA LABRAR!

TEN PORTOS, MARIÑEIROS,
CIDADES E LABREGOS
CARGADOS DE TRABALLOS,
CARGADOS DE TRAFEGOS!

GALICIA É UNHA NAI
VELLIÑA, SOÑADORA:
NA VOZ DA GAITA RISE,
NA VOZ DA GAITA CHORA!

GALICIA É O QUE VEMOS:
A TERRA, O MAR, O VENTO…
PRO HAI OUTRA GALICIA
QUE VAI NO SENTIMENTO!

GALICIA SOMOS NÓS:
A XENTE E MÁIS A FALA.
SE BUSCAS A GALICIA
EN TI TES QUE ATOPALA!

Manuel María

MANUEL MARÍA - O CUCO

O CUCO

CANTA CUCO OU CALA CUCO
EU EN TI XA NON CHE CREO
DESDE QUE SEI QUE VAS POÑER
O TEU OVO EN NIÑO ALLEO.

DESDEIXADO E PREGUICEIRO,
TAN SÓ PENSAS EN FOLGAR.
SOAMENTE DIS DÚAS NOTAS
E XA TES QUE DESCANSAR!

CANTA CUCO OU CALA CUCO,
PREGUICEIRO, NUGALLÓN:
A MIN POUCO CHE ME IMPORTA
QUE ESTEAS CANTANDO OU NON!

Manuel María

MANUEL MARÍA - ACTIVIDADES EN LIÑA

Mostrámosvos unha recompilación de actividades en liña que o Seminario Galán comparte con todos os centros educativos.
Agradecerlle ao Seminario Galán o seu traballo e esforzo!

INFANTIL




1º e 2º de PRIMARIA


3º e 4º de PRIMARIA


5º e 6º de PRIMARIA

MANUEL MARÍA - LETRAS GALEGAS 16

Por que conmemoramos o día das Letras Galegas?
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

Cal é o autor homenaxeado neste ano 2016?


Manuel María Fernández Teixeiro que naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929.
Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego.
Comezou a publicar dende moi novo. “Muiñeiro de brétemas” o seu primeiro libro de poemas editouno con só 21 anos.
É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.
A Real Academia Galega adícalle, polo seu compromiso co idioma galego, o Día das Letras de 2016.

Quen é Manuel María?