luns, 28 de abril de 2014

A CANTIGA DE "OS NÚMEROS" DE MAMÁ CABRA

O RECUNCHO DO XOGO SIMBÓLICO CONVERTEUSE NO RECUNCHO DA MÚSICA POR EXCELENCIA. OS NENOS/AS APROVEITAN ESTE ESPAZO, TRANSFORMÁNDOO POR MEDIO DA SÚA IMAXINACIÓN: A COCIÑA É UN PIANO E OS NENOS/AS SON MÚSICOS, TRATANDO DE IMITAR AO MESTRE LUIS.


domingo, 27 de abril de 2014

O TRITÓN E A RA

Dúas compañeiras de Primaria trouxeron á escola dous antifibios, un tritón e unha ra, que atoparon fora do seu hábitat. Decidiron ensinarllos aos seus compañeiros/as e, posteriormente, botalos á charca situada no patio.

OBSERVÁMOLOS






DEVOLVÉMOLOS AO SEU HÁBITAT - A CHARCA




mércores, 23 de abril de 2014

"EL INCREÍBLE NIÑO COMELIBROS"


"Cortometraxe baseado no libro homónimo do escritor Oliver Jeffers. O tema: un neno que sente unha debilidade particular cara os libros, a cal lévao a «engulilos» ata quedar satisfeito. Pero tanta comilona, indixéstao, e despois de padecer as consecuencias de tal apetito, dáse conta de que os libros poden «comerse» de outra maneira: léndoos.
Unha historia sinxela que explica a paixón pola lectura e os beneficios do hábito lector".








CARTEIS - FOMENTO DA LECTURA

DIVERSAS INSTITUCIÓNS UNÍRONSE NA CREACIÓN DUNHA COLECIÓN DE CARTEIS QUE FOMENTAN A LECTURA.


DEBUXANDO CON PALABRAS

FERMOSO VÍDEO NO QUE O AUTOR E DISEÑADOR GRÁFICO, OLIVIER BEAUDOIN, COMPÓN IMAXES A PARTIR DE PALABRAS.
"TYPOLUTION"


O DÍA DO LIBRO

Por que celebramos o Día do Libro?

O día 23 de abril foi elixido como o Día Internacional do Libro, posto que  coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega, no mesmo día do ano 1916.
A Unión Internacional de Editores propuxo esta data á Unesco, co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. A "Conferencia General de la Unesco" aprobouna en París o 15 de novembro de 1995, polo que a partir de dita data, o 23 de abril converteuse no "Día Internacional do Libro".

Aínda que todos os días atopamos un gran oco para gozar da nosa biblioteca, hoxe quixemos lembrar este día escollendo un conto que presentamos aos compañeiros/as, respondendo a esta pregunta:

"POR QUE CHE GUSTA ESTE CONTO?"

"PORQUE ME GUSTAN MOITO OS LOBOS"
"PORQUE ME GUSTA O LOBO QUE APARECE NO CONTO"
"PORQUE NO CONTO APARECE UN ELEFANTE"
"PORQUE FALA DO MAR"
"PORQUE HAI CHIBOS" - como na Princesa do Caurel
"PORQUE TEN MOITA LUZ" - a luminusidade que producen as cores claras das ilustracións!
"PORQUE HAI UN CAN E UN GATO"
"PORQUE O CROCODILO CONVÉRTESE EN MOITAS ESTRELAS" - constelación!
"PORQUE FANSE AMIGOS DE NOVO"
"PORQUE APARECE UN PIRATA CUN PARCHE E PORQUE ME GUSTAN MOITO OS BARCOS"

O MAGO RICHARD

Con motivo da Semana da Prensa, elaboramos un pequeno xornal coas noticias que os nenos e nenas traían das súas casas. Unha desas novas, falábanos do Mago Richard, mago tecnolóxico que prendía unha bombilla mesturando ciencia con maxia.
Nós, ao igual que o mago Richard, intentamos prender unha bombilla, empregando unha variña máxica e a nosa propia chistera. Os resultados non foron os esperados pero chegamos a unha conclusión moi interesante "Para ser mago hai que estudar moito!".



"ABRA  CADABRA,
PATA  DE  CABRA"







ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE

O último día de cole antes das vacacións de Semana Santa, festexamos os aniversarios de 5 amigos e amigas: XIANA, NURIA, JOEL ESTÉVEZ., ALEJANDRO E ÚRSULA.
Nesta ocasión decidimos facer brochetas de froita, a modo de "buffet libre". Encantounos! Tanto, tanto... que non deixamos nin un anaco!





Moitos parabéns amig@s!

martes, 22 de abril de 2014

PLANTAMOS PIPAS DE CABAZA

DÚAS SEMANAS ANTES DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA PLANTAMOS PEPITAS DE CABAZAS QUE GARDARAMOS PREVIAMENTE DA CAVEIRA DO SAMAÍN.

O PROCESO FOI O SEGUINTE:

- Separamos todos os recursos que iamos precisar: as pipas de cabaza, un envase de iogur cun burato no centro, substrato e unha botella de auga.

                                                            
















- Dispuxémonos ao redor da mesa.


- Colocamos con moito coidado as dúas pebidas no interior do bote de iogur.










- Presionamos o sustrato e regámolo.










- Agardamos...


- Apareceron os primeiros brotes.


- E tras as vacacións de Semana Santa...


- Plantamos as plantas de cabaza na horta, coa axuda dos nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria.
















Grazas compis pola axuda!