mércores, 29 de abril de 2015

TECENDO REDES DE AMIZADE

Con motivo do aniversario de Iván, xurdiu un xogo a partir dun ovillo de lá.
Cada un dos nenos/as da aula lanzaba o ovillo de lá a un compañeiro/a á vez que dicía algo positivo del.

O que máis me gusta de ti é...
Es o meu amigo/a porque...
Síntome a gusto contigo cando...

Démonos conta de canto nos custa empregar estas expresións, de que difícil era dicilo mirando á cara e  de que complicado era atopar os adxectivos cualificativos máis axeitados para cada un e unha de nós.

Animámosvos a facer este xogo na casa!


mércores, 22 de abril de 2015

DÍA DO PLANETA TERRA


O 22 de abril celebramos o Día do planeta Terra, tratando de crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais que tratan de protexer á Terra. É un día para render homenaxe ao noso planeta e recoñecer á Terra como o noso fogar e a nosa nai, así como o expresaron distintas culturas ao longo da historia, demostrando a interdependencia entre os seus ecosistemas e os seres vivos que habitamos.
Lembramos este día a través da observación e recollida de datos sobre un dos experimentos realizados no 1º trimestre relacionado co ciclo da auga.

 

O REPOLO DENTRO DO TARRO DE CRISTAL NA VENTÁ DO COMEDOR, DEBUXADO POR LOIS

















PROGRAMA PRENSA-ESCOLA DA VOZ DE GALICIA

Neste curso 2014-2015 o alumnado de Educación Infantil e 2º ciclo de Educación Primaria propúxose participar no  Programa Prensa-Escola da Voz de Galicia que se desenvolve en colaboración co  Programa Voz Natura co que estamos colaborando dende o curso pasado.

Este concurso, aberto a toda a comunidade escolar galega, busca que os alumnos/as dende a Educación Infantil ata etapas superiores, se familiaricen coa lectura e o manexo do xornal e desenvolvan a súa capacidade de exposición e redacción baseándose nas informacións publicadas na edición impresa ou dixital da Voz de Galicia.


















Grazas familias pola vosa colaboración!

EL PATITO FEO! A LA SOMBRITA

O VENRES 24 DE ABRIL O ALUMNADO DE INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA ACUDIRÁN NA SGAE Á OBRA DE TEATRO "EL PATITO FEO" REALIZADA POLA COMPAÑÍA "A LA SOMBRITA".

TRÁTASE DUNHA ADAPTACIÓN DO CONTO TRADICIONAL A MONICREQUES DE SOMBRA LEVADA A CABO POR JOSÉ-DIÉGUEZ RAMÍREZ.


El Patito feo é o quinto espectáculo da compañía A la sombrita. Nel desenvólvense todos aqueles elementos que fan da mesma unha compañía máis que singular. 
A versión da obra de Hans Christian  Andersen, cóntanos a historia dun cisne que nace accidentalmente nun niño equivocado. Desde o principio o Parruliño “feo” é rexeitado pola sociedade da granxa pola súa condición  de diferente. É inaceptable para os demais por ser, simplemente, distinto e vese obrigado ao exilio pola incomprensión, a  crueldade da ignorancia e a maldade deliberada. Pero case sempre é peor permanecer no lugar que non nos corresponde que andar perdidos durante algún tempo. Ao final dun longo traxecto de penurias, pero tamén de aprendizaxe, o patito descobre ao verse reflectido así mesmo na auga, que o tamén é un fermoso cisne. Un final que nos abre cara á esperanza de que case sempre as diferenzas resultan beneficiosas  e crean un futuro brillante.
Así, desde a técnica máis artesanal e complexa, gozaremos desta historia de superación persoal, a do noso simpático e sombreado patito feo.
Alberto Alfaro



COMO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á SAIDA, REALIZAMOS DIVERSAS TAREFAS:

- LECTURA DO CONTO "O PARRULIÑO FEO"

- REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE IMPRESA

xoves, 16 de abril de 2015

DEBUXO LIBRE - PLÁSTICA

HAPPY EASTER!






DESEÑO DE XOIAS

DESEÑOS DE XOIAS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE PRIMARIA