xoves, 31 de decembro de 2015

FELIZ NADAL 2015

ANIVERSARIOS PRIMEIRO TRIMESTRE 2015

PARABÉNS AOS NOSOS AMIG@S: DIEGO, ARIADNA, OHIANA, XIANA D.L.F, PABLO E BRAIS POR CUMPLIR UN ANIÑO MÁIS.







CELEBRAMOS TODOS XUNTOS OS ANIVERSARIOS DO 1º TRIMESTRE, ELABORANDO UNHA RECEITA DE TRUFAS DE CHOCOLATE.



PARABÉNS A ÁLVARO, ANTÓN, TELMO, OHIANA, XIANA D.L.F, DIEGO, BRAIS, ARIADNA E PABLO.




COMO ACTIVIDADE FINAL REALIZAMOS A ACTIVIDADE IMPRESA DO TEXTO DA RECEITA.

MUSEO DE HISTORIA NATURAL


No primeiro trimestre todo o alumnado do centro realizou a visita ao Museo de Historial Natural no parque de Vista Alegre. Un conxunto patrimonial que se remonta ao século XIX con pezas singulares de gran valor para o estudo e a divulgación da biodiversidade e o medio ambiente.

Os principais espazos das novas instalacións agrúpanse en torno aos conceptos de Biodiversidade e Biodiversidade Terrestre, na planta baixa, e dos apartados dedicados a Xeodiversidade e Solo e Biodiversidade Mariña na primeira planta. A exposición é un singular percorrido por ecosistemas de augas continentais e bosques galegos ou pola xeodiversidade con mostras de minerais, pedras preciosas e semipreciosas, rocas, fósiles e meteoritos. Tamén ten o seu propio espazo a biodiversidade mariña, as algas, os invertebrados, os peixes ou ecosistemas do litoral galego, e outros máis afastados como a selva sudamericana ou a sabana africana.

POSTAIS DE NADAL 2015

Seguindo a tradición destes últimos cursos, o alumnado de Educación Infantil elaborou con moito agarimo unha postal de Nadal para un compañeiro ou compañeira escollido ao azar a través do saquiño máxico dos nomes.

O proceso foi longo e moi laborioso, pero, ao mesmo tempo, moi satisfactorio.

Obxectivos a desenvolver na actividade:
- Identificar os nomes dos compañeiros/as.
- Recoñecer a funcionalidade dunha postal.
- Valorar o gusto estético da súa creación e da dos demais.
- Identificar o formato dunha postal: saúdo, contido e despedida.
- Elaborar un texto a partir da súa hipótese de escritura ou a través da transcrición.

ILUSTRACIÓNS


TEXTO

AS ÁRBORES DA AMIZADE

As árbores da amizade son os regalos que os nenos e nenas da aula fan aos seus compañeiros e compañeiras polo seu aniversario. O día do aniversario sentámonos na asamblea e describimos ao noso amigo/a a través de "adxectivos amables". Apuntámolos nun papel para despois escribilos nunha pequena cartolina que representa as follas dunha árbore. A mestra Mirian sácalles unha foto en posición de árbore, colocámoslle os palillos en forma de ramas, as follas pegadas e situámos a súa figura coloreada sobre unha base.

A HISTORIA DO APALPADOR

O venres 18 de decembro os alumnos e alumnas de 1º, 2º de Primaria e o alumnado de Educación Infantil acudiron á Fundación SGAE para gozar de "A historia do Apalpador" da man da Compañía de Títeres Cachirulo.

"A historia do Apalpador" bota man de monicreques e da interpretación para contar as peripecias dun personaxe ben tradicional do Nadal galego, o Apalpador. Máis aló de Papá Noel e os Reis Magos, a tradición de Galicia di que polas datas de Nadal O Apalpador visita aos cativos para comprobar que tal se portaron e se comeron ben apalpándolles a barriga. Segundo a tradición, se cumpriron con todo, o Apalpadar agasállaos con castañas, tradición adaptada que agora inclúe algún outro regalo.

martes, 8 de decembro de 2015

A LISTAXE DO P.E.L.O

O XOVES, A ÚLTIMA HORA DA TARDE, TEMOS CLASE COA MESTRA AIDÉ, A MESTRA QUE DESENVOLVE O P.E.L.O. (Programa de Estimulación da Linguaxe Oral).



COMO SOMOS MOITOS, DECIDIMOS DIVIDIR AO ALUMNADO EN DOUS GRUPOS DE IGUAL NÚMERO: A e B. MENTRES QUE UN GRUPO TRABALLA COA MESTRA AIDÉ O OUTRO PERMANECE COA MESTRA MIRIAN NA AULA DESENVOLVENDO AS ACTIVIDADES PROGRAMADAS NOS RECUNCHOS; E VICEVERSA.
OS NENOS/AS APUNTAN DE MANEIRA INDIVIDUAL A QUE GRUPO PERTENCEN A TRAVÉS DUN TEXTO INFORMATIVO: A LISTA.



O LIBRO DOS NOMES DA CLASE

NURIA COMEZOU A DEBUXAR OS NENOS/AS DA CLASE CO SEU NOME, UNINDO AS FOLLAS DOS FOLIOS EN FORMA DE LIBRO.

MOMENTOS DE LECTURA

"O conto do apalpador". Xoán G.


"Orellas de bolboreta". Luisa Aguilar. Kalandraka.


"Atlas galego".


Catálogo de xoguetes de Nadal.



"Chibos, chibóns". Olalla González. Kalandraka.

SERIACIÓNS

Podemos definir a seriación como unha operación mental elemental que se desenvolve na infancia e que precede ao entendemento dos números. Como proceso mental, a seriación consiste en comparar elementos, relacionalos e ordenalos de acordo ás súas diferenzas. Este ordenamento constitúe unha serie.
Os nenos/as realizan series atendendo a diferentes criterios e nesta ocasión o criterio establecido foi a cor.




O CRECEMENTO DAS LEGUMES


Anxo e Manuel mostráronnos o proceso de crecemento das legumes: fabas, lentellas, garabanzos...

1. Colocar a legume nun algodón mollado.
2. Dispoñer a semente nun lugar cálido e luminoso, para que reciba o calor do sol.
3. No prazo de dous ou tres días a semente irase inflando e brotarán dúas follas.
4. Regarase a plantiña todos os días e con moi pouquiña auga.

Explicáronnos que as plantas son seres vivos que necesitan da auga para medrar. Primeiro sae a raíz da semente, despois vai medrando o talo que é o que da forma á planta e, finalmente, as follas. As plantas nacen, crecen e aliméntanse a partir do aire, da auga, dos nutrientes do solo e da luz do sol; sendo un proceso lento.

PLANTAMOS REPOLOS E PUERROS

DATA
OUTUBRO DO 2015

ACTIVIDADE
PLANTAMOS REPOLOS E PUERROS
ÁREA DE APRENDIZAXE
CIENCIAS
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
PLANTACIÓN DE HORTALIZAS NOS BANCAIS DA HORTA.

OBXECTIVOS
-         IDENTIFICAR O REPOLO E O PUERRO DENTRO DO GRUPO DAS  HORTALIZAS.
-         RECOÑECER CALES SON OS PASOS QUE SEGUIMOS NA PLANTACIÓN.
-         PARTICIPAR NA ACTIVIDADE.
-         VALORAR A IMPORTANCIA DO CONSUMO DE HORTALIZAS NA NOSA DIETA DIARIA.
-         REPRESENTAR A EXPERIENCIA A TRAVÉS DO DEBUXO.

MENSAXES CON CORAZÓN

IVÁN RECIBIU UNHA MENSAXE MOI ESPECIAL DUNHA COMPAÑEIRA DA CLASE...

A BANDEIRA GALEGA

Na aula falouse que no día 6 de decembro Galicia estivera de aniversario; xa que nun 6 de decembro de 1981 constituíase o Estatuto de Autonomía de Galicia. Nese documento recoñeceuse o galego como lingua propia de Galicia en cooficilidade co castelán e atribuíronse símbolos propios de Galicia, como foron a bandeira, o escudo e o himno.



Analizamos o escudo da bandeira galega:
- Hostia prateada sobre un cáliz de ouro.
- Coroa.
- As 7 cruces que representaban a división histórica de Galicia en 7 provincias: Mondoñedo, Betanzos, Tui, Lugo, Ourense, A Coruña e Santiago.

Visualizamos o mapa de Galicia, centrándonos na súa división en 4 provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.


Identificamos as provincias que prevalecen (A Coruña, Lugo e Ourense) e a que se incorporou (Pontevedra).


Pintamos o mapa co escudo atendendo ao modelo e compuxemos o nome da nosa Comunidade Autónoma.

COGOMELOS




PARTES DUNHA FLOR

DATA
OUTUBRO DO 2015





ACTIVIDADE
AS PARTES DUNHA FLOR
ÁREA DE APRENDIZAXE
CIENCIAS




DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
OS COMPAÑEIROS/AS DE PRIMARIA (María, André e Mª Carmen) ENSINÁRONNOS A DISTINGUIR AS PARTES DUNHA FLOR A TRAVÉS DE TRES EXEMPLOS.

OBXECTIVOS
-         PRESTAR ATENCIÓN ÁS EXPLICACIÓNS DOS ALUMNOS/AS.
-         IDENTIFICAR ALGUNHAS DAS PARTES DUNHA FLOR.
-         PARTICIPAR NA EXPERIENCIA POR MEDIO DE PREGUNTAS COHERENTES.



























domingo, 6 de decembro de 2015

RECTA NUMÉRICA

Que é a recta numérica?
A recta numérica é unha liña na cal aparecen representados os números enteiros (no noso caso dende o "0" ata o "50"), ordenados de esquerda a dereita, de menor cantidade a maior cantidade.


Funcionalidade da recta numérica
- Sumas e as restas.
- Correspondencia fonética: son-grafía. 
- Ordenación dos números (maior/menor a menor/maior).
- Descomposición de números (relación coa cor)
- Relacións entre unidades e decenas.

Actividade
Organizamos a aula en pequenos grupos. A cada grupo déuselle unha serie de tarxetas numéricas desordenadas, para que as dispuxesen en orden crecente (de menor a maior) e en orden decrecente (de maior a menor).




xoves, 3 de decembro de 2015

NINTENDO DS

NOELIA CONSTRUÍU A SÚA NINTENDO DS COA QUE XOGA NA CASA COA SÚA IRMÁ MARÍA. REPRESENTOU A ESTRUTURA (lóxica-matemática: ordenación no espazo, cantidade, tamaño), ESCRIBIU O SEU NOME (lectoescritura: correspondencia fonolóxica e trazado) E INCLUSO UN DOS SEUS XOGOS (arte: representación do esquema corporal de Mario e Luilli).
UNHA ACTIVIDADE MOI COMPLETA!

MARIÑA VIAXA A LONDRES

A nosa compañeira Mariña marchou onte a Londres. Todos e todas estabamos moi interesados en saber a situación xeográfica de Londres e se a distancia que tería que percorrer Mariña dende Galicia sería moita ou pouca.

- Investigamos no mapa do mundo. A que continente pertencería? Rapidamente Gael contestou que a África non, porque cando el estivera en Marrocos non lembraba escoitar ese nome de cidade.
Entón onde estará...?


- Atopámolo no mapa!! Londres é unha das cidades máis coñecidas de Europa e pertence ao país de Reino Unido, unha illa en forma de coello.


- Pensamos en que medios de transporte podería viaxar Mariña. Ao ser unha illa, ocorréusenos que unicamente había dous: barco ou avión. Mariña confirmounos que viaxaría en AVIÓN.


- Recollemos por escrito a experiencia.

OS RECUNCHOS NO MAGOSTO

Durante a semana de celebración do Magosto, organizáronse os recunchos de aprendizaxe en torno a actividades relacionadas coa temática.

- Recuncho da lóxica-matemática: tres en liña con castañas, labirintos de castañas e o xogo da Castañoca.







- Recuncho do ordenador: xogos online e contos sobre o Magosto.


- Recuncho da psicomotricidade: o xogo do tragacastañas.


- Recuncho da biblioteca: tarxetas con vocabulario sobre o Magosto.


- Recuncho da arte: debuxos sobre elementos propios do Magosto.



- Recuncho do patio cuberto: os bolos.