xoves, 25 de febreiro de 2016

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O 24 DE FEBREIRO DE 1837 TIVO LUGAR O NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO.
HOXE, 24 DE FEBREIRO DO 2016, HOMENAXEAMOS A ESTA GRAN POETISA GALEGA DO SÉCULO XIX A TRAVÉS DA LECTURA DO SEU POEMA:

"ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"

MANTEÑAMOS VIVA A FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO A TRAVÉS DA LECTURA EN FAMILIA DOS SEUS MARABILLOSOS VERSOS!

Adiós ríos, adiós fontes
Adiós ríos, adiós fontes
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde m’eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.

Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña d’o meu contento.

Muiño dos castañares,
noites craras do luar,
campaniñas timbradoiras
da igrexiña do lugar.

Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós para sempre adiós!

¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso,
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar;
deixo, en fin, canto ben quero…
¡quén puidera non deixar!


PARECE UNHA ROSA

Cada 24 de febreiro lembramos o nacemento dunha das figuras emblemáticas da nosa literatura galega: Rosalía de Castro.
Visualizamos o traballo realizado o curso pasado polo alumnado de Educación Infantil que participou no concurso de poesía celebrado no CEIP Ortigueira a través da representación artística dunha das estrofas do poema de Rosalía de Castro:













domingo, 21 de febreiro de 2016

FESTIVAL ANTROIDO 2016

2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL






1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA





3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA




5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA




6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA



xoves, 18 de febreiro de 2016

HISTORIAS DO MEU COLE


O alumnado de Primaria participou no concurso dos bolechas: Historias do meu cole.

mércores, 17 de febreiro de 2016

O XOGO DO ESPELLO

Neste curso incorporamos unha nova rutina diaria no noso horario: A RELAXACIÓN.
Antes de comezar a asemblea apagamos as luces e da comezo a nosa sesión de relaxación que ten unha duración de entre 5-15 minutos, dependendo do exercicio.

Por que practicamos a relaxación na aula?
Cando nos sentimos alterados/as, tensos/as ou nerviosos/as, os nosos músculos do corpo póñense ríxidos, tensos e duros. Aprender a distinguir cales son esos músculos, permitiranos detectalos e traballar con eles para relaxalos. Aprender a relaxarnos axúdanos a controlar as nosas emocións dunha maneira autónoma e autodidacta.

Un dos xogos que practicamos é o XOGO DO ESPELLO. Organízase o grupo en parellas. Cada membro da parella realizará unha acción que terá que ser reproducida polo seu compañeiro/a que adquire o rol de espello.



venres, 12 de febreiro de 2016

A SEMANA DE ANTROIDO

E durante a nosa semaniña de Antroido...




CANDO NACÍN?

A comezos do ano pedimos a cada familia un calendario do ano 2016.

1. Analizamos o calendario:
- Os meses do ano: nome e número
- Os días da semana: nome e número
- Os días que tiña cada mes e a excepción
- Reglas nemotécnicas para distinguir os meses que tiñan 30-31 días

2. Identificamos no cadro de dobre entrada dos aniversarios en que día e mes nacera cada neno, así como a mestra.

3. Empregamos o ábaco para averiguar en que ano nacera cada un, representando o 2016 coas contas e restándolle a súa idade (4-5-6 anos).

4. Entregamos a cada alumno unha tarxeta co día - mes - ano do seu nacemento.

5. Utilizamos os calendarios para visualizar e recortar os datos recollidos nunha tarxeta e unha ficha impresa para pegar os resultados obtidos.

PLANTAMOS ALLOS E CHÍCHAROS

A finais do mes de xaneiro plantamos allos e chícharos nos bancais da horta.
Contamos coa gran axuda de Pepe que se encargou de abonar e labrar a terra, así como de facer os buratos nos que cada neno/a incorporou os seus dentes de allo que previamente debullara.
Graciñas amigo Pepe!

                       
                                       

TE QUIERO MUCHO, MAMÁ


TAREFAS PROGRAMADAS NOS RECUNCHOS

RECUNCHO DE ARTE

- Árbores de Nadal con material de refugallo
- Elaboración de caras a partir de elementos da natureza: follas, carozos, fabas...
- Escultura: formas creativas con abalorios (familias, catedrais, castillos...)
- Reproducións de Madame Matisse: "La raya verde"
- Reproducións a partir da obra de Archimboldo: "Invierno"
- Decoración dos disfraces de Antroido: barcos, temóns e áncoras


RECUNCHO DA LÓXICA-MATEMÁTICA


- Mosaico de cores e formas
- Crebacabezas de formas, paisaxes, personaxes fantásticos...
- O bingo
- As regretas: sumas
- As formas xeométricas
- O tragabolas: sumas e comparacións
- O 4 en linea
- O cálculo co ábaco
- As seriacións


RECUNCHO DA BIBLIOTECA

- O caderno dos apelidos
- Lectura de contos
- Crebacabezas de iniciais




RECUNCHO DE CIENCIAS

- Estudamos as partes da flor
- Clasificamos animais, plantas e obxectos
- Paisaxes: animais de ríos e fragas
- Aparellos e elementos do mar: nasa e cunchas
- Clasificamos os recursos da contorna


RECUNCHO DE CONSTRUCIÓNS

- Pezas de construción - edificacións
- Sistema LUPO -  arquitectura
- Montaxe da mesa das ferramentas


RECUNCHO DO ORDENADOR

- Xogos temáticos: Nadal e Antroido
- Blog do centro


RECUNCHO DO XOGO SIMBÓLICO

- Creación de paisaxes de inverno: neve
- Baúl de disfraces - Antroido
- Mesa das ferramentas

luns, 1 de febreiro de 2016

PEIXINHOS DO MAR

Neste Antroido 2016 os nenos e nenas de Educación Infantil iremos disfrazados de mariñeiros e mariñeiras. Ademais de preparar o barco cos seus utensilios de pesca, estamos ensaiando unha cantiga brasileira que nos mostrou o mestre Luís:
 "Peixinhos do mar".


Gustaríanos mostrarvos algunhas das súas versións...



A SEÑORA CARME 2016

XA CHEGOU O ANTROIDÓN
CUN GRAN NOTICIÓN!
CADA DÍA DA SEMANA...
CUNHA COUSA PREPARADA!


LUNS 1: E PARA COMEZAR,
                        UNHAS GAFAS HAS LEVAR….

MARTES 2: CUN GRAN BIGOTE TOCA VIR,
  PARA QUE NOS POIDAMOS TODOS RIR…

MÉRCORES 3: HOXE UN SOMBREIRO TRAERÁS,
    E O SOL SEN PROBLEMA TOMARÁS…

XOVES 4: CO DISFRACE QUE TI QUEIRAS AO COLE VIRÁS,
      E VERÁS A QUE SE MONTA NUN PLIS, PLAS…

VENRES 5: E O VENRES DISFRAZADOS, ESTE ANTROIDO REMATAMOS.