domingo, 30 de novembro de 2014

A BIBLIOTECA DE AULA

A biblioteca está moi presente na dinámica e funcionamento da aula.
Os nenos e nenas dispoñen da biblioteca como un recuncho habitual, no que poden atopar, ademais de contos organizados por editoriais, outros recursos variados como son:

- dicionarios
- libros de consulta
- libros de poemas
- revistas do cole
- libriños elaborados polos nenos/as
- materiais diversos dirixidos ao fomento da lecto-escritura (crebacabezas de letras, pizarras con letras magnéticas, libro de trazos, cosido de letras, o xogo das iniciais, o libriño dos nomes...)

A presenza destes recursos organizados nun mesmo espazo, busca aproximar ao alumnado de Educación Infantil a diversos tipos de textos, permitíndolle identificar a súa funcionalidade e facer un uso dos mesmos nun contexto determinado. Outro dos obxectivos que perseguimos é o de crear un espazo de recollemento e de compartir cos compañeiros/as, a través da lectura conxunta ou de momentos de descanso.



Outra das actividades que forman parte do traballo da biblioteca é o préstamo de contos. Ao comezo de curso cada neno/a selecciona un conto que formará parte dun listado de préstamo de contos. Cada venres os alumnos/as escollen un conto de entre os seleccionados, apuntándoo na súa folla de rexistro que levan a casa na carpeta, xunto co conto e coa tarxeta do título correspondente.

4º E.I. - 3 ANOS



5º E.I. - 4 ANOS



CASTELO DE AUGA

A auga sigue estando moi presente en toda a escola. No recreo do comedor os alumnos e alumnas, con pas, rastrillos, cubos, carretas... construíron un castelo, con torres e cun foxo con auga. 









CONTEDORES DE REFUGALLO

Para continuar coa actividade de refugallo iniciada nas aulas de Infantil, o alumnado de Primaria xa dispón dun espazo que lle permite separar o lixo das merendas en:

- Plástico ou envases lixeiros
- Papel ou cartón
- Materia orgánica



sábado, 29 de novembro de 2014

ANIVERSARIO XIANA

No mes de novembro estivo de aniversario a nosa amiga Xiana, que cumpliu 3 aniños.



Moitos Parabéns!

COLLEITAMOS ACELGAS

Tras a plantación, chegou a recolección... Aínda que non foi moi numerosa, puidemos repartir unha folliña de acelga para cada neno/a.



E que coñecemos da acelga...?

E CANTAS CASTAÑAS TROUXO NOELIA?

AGRUPAMOS AS CASTAÑAS POR DECENAS. AVERIGUAMOS QUE HABÍA 4 DECENAS E 3 UNIDADES! ASÍ QUE EN TOTAL TIÑAMOS...



XOGAMOS COS NÚMEROS

- Correspondencia numérica

- Trazado de números


venres, 28 de novembro de 2014

COMPOSICIÓN OUTONO

Realizamos esta composición a partir das fotos realizadas polos nenos e nenas de infantil.


Acompañámola dunha cantiga que nos gusta moito: "O outono xa se acerca...".

DÍA DA CIENCIA E A AUGA

Presentamos os nosos proxectos...

INFANTIL

   - Coidamos a auga dende o fogar



   - A depuradora, o ciclo da auga e os seus experimentos




   - Os xogos da auga




PRIMARIA

   - "Auga sobre auga"










   - "O globo aeroestático"





martes, 25 de novembro de 2014

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



A mamá de Nuria regalounos neste día unha bolboreta que representa a liberdade da muller.



Graciñas Mari Carmen!

LUPO

Seguindo co proxecto "Repensando a escola", o alumnado de 5 anos tivo a súa primeira toma de contacto co LUPO, converténdose en arquitectos e arquitectas.