mércores, 25 de febreiro de 2015

FREDERICK. LEO LIONNI

Mostrámosvos a adaptación da obra de Leo Lionni "Frederick", elaborada polos alumnos e alumnas de 6º A de Educación Infantil do CEIP de Pedrouzos (Brión).

martes, 24 de febreiro de 2015

A PEIXARÍA MERCHE

A PEIXARÍA MERCHE OBSEQUIOUNOS CUNS LAPIS DE ANTROIDO.

1. REPARTIMOS OS LAPIS E FIXEMOS EQUIPOS ATENDENDO AO ANIMAL QUE NOS TOCARA:
- RA
- OSO
- GATO
- XIRAFA

2. EN PEQUENOS GRUPOS COMPUXEMOS CON LETRAS MÓBILES O NOME DO ANIMAL.


3. ESCRIBIMOS NA NOTA PARA OS PAIS O NOME E DEBUXAMOS O NOSO ANIMAL ENRIBA DO LAPIS.




AGRADECERLLE Á SEÑORA MERCHE O SEU PRESENTE!

MÁIS MOMENTOS DE LECTURA

CANDO HOXE CHEGUEI Á AULA TRAS O RECREO, LEVEIME UNHA GRAN SORPRESA! OS NENOS E NENAS ESTABAN SITUADOS POLOS DIFERENTES RECUNCHOS DA AULA, GOZANDO DA LECTURA DE CONTOS TANTO INDIVIDUAL COMO EN PEQUENO GRUPO.

JOEL contando o conto de "Os tres porquiños" aos seus compañeiros/as


DIEGO lendo o conto dende o comezo ata o final


XULIA e XIANA compartindo os contos clásicos de a"Cincenta" e "Brancaneves"


MINIA seguindo o texto co dedo do "Coelliño branco", de esquerda a dereita


OHIANA lendo a través das ilustracións do conto


BRAIS lendo o conto de "Os tres osos" en voz alta a partir das imaxes


E eu, disfrutando da súa espontaneidade!

BLOQUES LÓXICOS DIENES

XIANA SORPRENDEUNOS CUN OBSEQUIO QUE O SEU PAI JUANMA FIXO PARA NÓS: UNS BLOQUES LÓXICOS DE CORES!

ABRIMOS A CAIXA CON MOITA ILUSIÓN...



XIANA EXPLICOUNOS COMO EMPREGAR O MATERIAL...


"Facer castelos e casas"
"Construír a vía do tren"
"Debuxar camiños"
"Deseñar unha estrada"

A FINALIDADE DOS BLOQUES LÓXICOS, ADEMAIS DA DE CONSTRUÍR, É A DE TRABALLAR OS PROCESOS LÓXICOS NA APRENDIZAXE DAS MATEMÁTICAS A TRAVÉS DE ACTIVIDADES COMO:

- Nomear e recoñecer cada bloque.

- Recoñecer as variables e valores destes.

- Clasificalos atendendo a un ou a varios criterios.

- Comparar os bloques establecendo semellanzas e diferenzas.

- Realizar seriacións seguindo unha ou varias regras.

- Establecer a relación de pertenza a conxuntos.

- Definir elementos pola negación.

- Introducir o concepto básico de número.


MOITAS GRAZAS JUANMA!

domingo, 22 de febreiro de 2015

FESTIVAL ANTROIDO 2015

Preparándonos para a actuación...























Na Casa da Cultura...















Merendando os postres de Antroido...









FELIZ ANTROIDO 2015!