martes, 26 de maio de 2015

SAÍDA Á ILLA DE SÁLVORA



O venres 31 de maio realizaremos a excursión de final de curso á Illa de Sálvora.


Que sabemos sobre a Illa de Sálvora?

A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño (concello de Ribeira), creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de Cíes, Ons e Cortegada no Parque nacional das Illas Atlánticas no ano 2002.

Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, de titularidade privada, atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catalina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.

O noso itinerario:



A súa aplicación na aula de infantil:


Para ter máis información sobre a illa, podedes acceder no seguinte enlace:

luns, 25 de maio de 2015

FERNANDO BOTERO E O MUSEO DO PRADO


FERNANDO BOTERO COS CARTOS QUE GAÑOU NA VENDA DAS SÚAS PINTURAS, MERCOU UN BILLETE DE BARCO QUE LLE LEVARÍA A EUROPA.
DESEMBARCOU EN ESPAÑA E FOISE VIVIR A MADRID, ONDE COMEZOU A ESTUDAR BELAS ARTES. NOS SEUS RATOS LIBRES VISITABA O MUSEO DO PRADO E ESTUDABA DE CERCA AS OBRAS DOS PINTORES GOYA E VELÁZQUEZ. A SÚA ADMIRACIÓN CARA OS GRANDES PINTORES EUROPEOS LEVOUNO TAMÉN A PARÍS, ONDE PASABA LONGAS HORAS NO MUSEO DO LOUVRE.


AXUDA A BOTERO A CHEGAR DENDE O MUSEO DO PRADO, EN MADRID, ATA O MUSEO DO LOUVRE, EN PARÍS, SEGUINDO OS SEGUINTES LABIRINTOS:




GUSTARÍAVOS COÑECER DENDE MÁIS CERCA O MUSEO DO PRADO? A INFANTA CRISTINA CONVERTERASE NA GUÍA DO MUSEO.


XOGAMOS A TRAVÉS DAS OBRAS DO MUSEO DO PRADO:


martes, 19 de maio de 2015

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

En pequenos grupos compuxemos o nome do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas:

XOSÉ   FILGUEIRA   VALVERDE


Diferenciamos o nome dos apelidos, xogando co libriño da clase onde aparecen todos os nomes e apelidos dos nenos e nenas.
Na asamblea nomeamos os nosos nomes e apelidos, dándonos conta do difícil que era dicir o apelido sen dicir previamente o nome.

O meu nome é ...

Os meus apelidos son ...

Percatámonos de que todos tiñamos dous apelidos e que se correspondían co primeiro apelido dos nosos pais. Tamén que Ariadna e Diego, ao ser curmáns, tiñan o apelido Casal repetido!












No recuncho da biblioteca traballamos coa ficha do autor:

Nome ...
Apelidos ...
Lugar e data de nacemento ...



Finalmente compuxemos en pequenos grupos un poema de Xosé Filgueira Valverde, transformando os versos das estrofas en caligramas (poema, frase ou conxunto de palabras cuxo propósito é formar unha figura ou imaxe visual - poesía visual- en relación ao contido do poema).






EXPOSICIÓN SOBRE A VIDA E OBRA DO AUTOR





luns, 18 de maio de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

O venres 15 de Maio conmemoramos o Día das Letras Galegas, adicándoo ao autor homenaxeado neste ano 2015: Xosé Fernando Filgueira Valverde.

- A xornada comezou coa lectura da vida e obra do autor, levada a cabo polas alumnas de 6º de Primaria. A continuación repartíronse os premios de poesía, realizando a lectura individual de cada un dos poemas premiados.


- O alumnado de Primaria (3º-4º-5º-6º) procedeu á lectura dun conto ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria.
Previamente tivo lugar un sorteo co nome do neno ou da nena participante. Unha vez lido o conto os propios nenos/as buscaban un novo compañeiro/a ao que aínda non lle leran o conto escollido. Eles mesmos decidían aquel recuncho especial no que compartir eses momentos de acollida.



(*) Cantiga interpretada polo alumnado da escola de Cea

luns, 11 de maio de 2015

XOGAMOS COAS LETRAS GALEGAS

Presentámosvos a recompilación de xogos online que o Seminario Galán realiza para conmemorar ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas: Xosé Fernando Filgueira Valverde.

EDUCACIÓN INFANTIL


1º e 2º DE E. P.


http://seminariogalan.org/inicio/ver/273

3º e 4º DE E. P.


5º e 6º DE E. P.

XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE - LETRAS GALEGAS

O escritor pontevedrés Xosé Fernando Filgueira Valverde foi o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2015.


Gustaríanos compartir este documento elaborado polo Seminario Galán, onde se recollen os datos máis destacados e relevantes da vida e obra do autor.

domingo, 3 de maio de 2015

LA MANO DE FERNANDO BOTERO ANGULO

Con motivo da presenza do número 5 nas conversas de aula (aniversarios dos nenos e nenas de 5 anos - 5 dedos da man), ocorréusenos que nas vindeiras semanas traballaríamos no recuncho de arte a obra de Botelo "La mano", a través da reprodución da súa escultura.


Primeiro, analizando brevemente a súa vida e obra.


Fernando Botero Angulo, nacido en Medellín o 19 de abril de 1932, é un acuarelista e escultor colombiano, recoñecido polas súas personaxes de formas redondas e voluptuosas.
O seu estilo recibe o nome de “boterismo”.
Os seus temas predilectos son sobre todo as naturezas mortas, os nus femininos, os retratos de familia, as escenas de tauromaquia ou as da vida cotiá da sociedade colombiana.
Como numerosos outros pintores, Fernando Botero ama facer o seu autorretrato, pintándose a miúdo disfrazado e vivindo noutra época.



E, posteriormente, visualizando e analizando a obra de La mano, realizada polo artista en 1975.



Elaboramos no recuncho de arte a man de Botero empregando pasta para modelar e pintura gris que obtivemos mesturando témpera negra e branca.