mércores, 28 de outubro de 2015

O OBRADOIRO DO MEDO 2015

ANTES... AMBIENTAMOS OS ESPAZOS...


DURANTE... NO OBRADOIRO DO MEDO PRESENTAMOS A ESCURAS AS NOSAS CAVEIRAS ARREPIANTES CON LUZ DA CANDEA NO SEU INTERIOR, COLOCÁMOLAS NA ENTRADA DA ESCOLA PARA ESPANTAR AOS ESPÍRITUS NA NOITE DO SAMAÍN, XOGAMOS EN RODA Á PANTASMA DO SAMAÍN E BAILAMOS A CANTIGA DE Á PANTASMA CAROLINA QUE NOS ENSINOU O MESTRE LUÍS.

MADAME MATISSE. RAYA VERDE

DATA
OUTUBRO DO 2015

ACTIVIDADE - ARTE
“MADAME MATISSE. RAYA VERDE” (1905)
HENRI MATISSE.
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
REALIZACIÓN NO RECUNCHO DE ARTE DUNHA CREACIÓN APROXIMADA Á OBRA DE MADAME MATISSE.
OBXECTIVOS
-          IDENTIFICAR A OBRA CO AUTOR.
-          EMPREGAR AS CORES PARA COMPOÑER O DEBUXO.
-          DISTINGUIR AS PARTES SIMÉTRICAS A PARTIR DA LIÑA CENTRAL DA CARA.
-          DESENVOLVER A SÚA CREATIVIDADE.


















luns, 26 de outubro de 2015

SAMAÍN 15-16

´
SEGUNDO OS VELLOS COSTUMES CELTAS  O ANO PÁRTESE EN DÚAS ESTACIÓNS: VERÁN E INVERNO. O PASO DUNHA ESTACIÓN A OUTRA CAE NA NOITE QUE VAI DO DERRADEIRO DÍA DE OUTUBRO Ó PRIMEIRO DÍA DE NOVEMBRO:
É A NOITE DO SAMAÍN 

PERO A NOITE DE SAMAÍN ADEMAIS DE SEPARAR O ANO, ABRE AS PORTAS DO MÁIS ALÁ, CONFUNDINDO O MUNDO DOS ESPÍRITUS CO NOSO MUNDO TERREAL.
A CHEGADA DAS ÁNIMAS NESA NOITE REPRESENTABA UN POTENCIAL PERIGO DO QUE OS POBOS CELTAS SE DEFENDÍAN COLOCANDO SOBRE OS MUROS AS CAVEIRAS DOS SEUS INIMIGOS CUNHA CANDEA DE SEBO ACESA.

EN MOITOS LUGARES DE GALICIA, ERA MOI HABITUAL ATA  HAI UNS ANOS  COLLER NAS VÉSPERAS DO DÍA DE DEFUNTOS CABAZAS DAS HORTAS E TALLAR NELAS ATERRADORAS CARAS ÁS QUE, SEN MÁIS  ENGALANOS, SE LLE POÑÍA DENTRO O CABO ACENDIDO DUNHA VELA. ESTAS CABAZAS ILUMINADAS COLOCÁBANSE SOBRE OS BALADOS OU NAS ENCRUCILLADAS PARA ASUSTAR Á XENTE.

RECUPERA A NOSA TRADICIÓN E TALLA  A  TÚA CAVEIRA DE CABAZO PARA QUE O SAMAÍN SE MANTEÑA  ACESO DENDE A NOITE DOS TEMPOS!

domingo, 25 de outubro de 2015

XOGO SAMAÍN PRIMARIA

O CEIP MANUEL FRAGA PRESENTA ESTE XOGO INTERACTIVO SOBRE CUESTIÓNS DO SAMAÍN. "AVERIGUA CANTO SABES TI DESTA FESTA TRADICIONAL GALEGA"...

domingo, 18 de outubro de 2015

RETRATO DUN COMPAÑEIRO/A


DATA
SETEMBRO DO 2015

ACTIVIDADE - ARTE
RETRATO DUN COMPAÑEIRO/A
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
CREACIÓN DUN RETRATO DUN COMPAÑEIRO NO RECUNCHO DE ARTE, EMPREGANDO DIFERENTES TÉCNICAS:
-          DEBUXO – CONTORNA
-          PINTURA - TÉMPERA
OBXECTIVOS
-       CENTRAR A ATENCIÓN NOS RASGOS DUN COMPAÑEIRO/A.
-       IDENTIFICAR AS PARTES DA CARA/CORPO.
-       DESENVOLVER O GUSTO ESTÉTICO (FORMA, COR, PROPORCIÓNS…).


















DÍAS DESPOIS DA REALIZACIÓN DOS RETRATOS, MARÍA FILLOY MOSTROUNOS OS RETRATOS QUE ELABORARA EN PLÁSTICA. EXPLICOUNOS AS TÉCNICAS QUE EMPREGARA E DEUNOS UNS CONSELLOS PARA AS NOSAS PRÓXIMAS CREACIÓNS:

- Medir o tamaño da cabeza, as distancias.
- Observar a simetría da cara.
- Ter en conta a colocación dos ollos (non van no medio da cara).
- A importancia das sombras para proporcionar o efecto de volume.







GRACIÑAS MARÍA FILLOY POR MOSTRARNOS E EXPLICARNOS OS TEUS TRABALLOS!

sábado, 17 de outubro de 2015

APAÑAMOS E PLANTAMOS LANDRAS

O VENRES FOI UN DÍA ESPECIAL, APAÑAMOS E PLANTAMOS LANDRAS CON JAIME. FOI TODA UNHA AVENTURA!

MOMENTOS DE LECTURA-ESCRITURA

Na aula de educación infantil xorden a diario momentos espontáneos de lectura e escritura por parte dos nenos e nenas.

É importante que as mestras esteamos moi atentas para poder intervir no proceso, valorando de maneira moi positiva o seu interese, esforzo e a funcionalidade do propio texto.

- ESCRIBIMOS NA PIZARRA.


- ESCRIBIMOS LISTAS DE NENOS/AS.



- POÑÉMOSLLE NOME ÁS NOSAS MASCOTAS.



- POÑÉMOSLLE NOME ÁS NOSAS COMPOSICIÓNS.



- EMPREGAMOS O MATERIAL DA BIBLIOTECA - BUSCA DAS INICIAIS.



- ILUSTRAMOS E NOMEAMOS AS NOSAS CREACIÓNS.



- XOGAMOS A BUSCAR NOMES COAS LETRAS MÓBILES.


- FACÉMONOS REGALOS AGARIMOSOS E PERSONALIZADOS.


CONCURSO DE MICOLOXÍA 2015


Todo o alumndado do centro participou nas Xornadas culturais sobre micoloxía, en colaboración co Concello de Vedra, a través do concurso de debuxo micolóxico. 

INFANTIL


PRIMARIA

AS MERENDAS NUTRITIVAS

Coa finalidade de axudar a que as merendas da escola sexan o máis nutritivas posibles, realizamos este cadriño orientativo do tipo de alimentos que os vosos fillos/as poderían traer á escola, atendendo ao día da semana no que nos atopemos.
Isto axudaraos, non só a seguir unha merenda equilibrada, senón tamén a animalos/as a experimentar con sabores novos e a identificar os diferentes grupos de alimentos (froitos secos, lácteos, froita…).




venres, 16 de outubro de 2015

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS


ACTIVIDADE – XOGAMOS A PENSAR
OS INSTRUMENTOS MUSICAIS
CARTA DE XOANIÑA
14 – OUTUBRO – 2015
OLA AMIGOS E AMIGAS:
QUEREDES XOGAR A PENSAR COMIGO?
HOXE XOGAREMOS CON INSTRUMENTOS MUSICAIS. TEREDES QUE ADIVIÑAR POLO SON E SEN VER, DE QUÉ INSTRUMENTO MUSICAL SE TRATA.
BIQUIÑOS AGARIMOSOS,
XOA
DESCRICIÓN
-          DISCRIMINAR OS INSTRUMENTOS A TRAVÉS DO SENTIDO DO OÍDO (pandeireta, xilófono, claves, triángulo e maracas).
-          COMPOÑER O NOME, EN PEQUENOS GRUPOS,  A PARTIR DUNHAS TARXETAS.
-          ILUSTRAR O INSTRUMENTO, ESCRIBINDO O SEU NOME.
HABILIDADES DE PENSAMENTO
HABILIDADES DE PERCEPCIÓN:
-          Escoitar atentamente
-          Tocar










QUE É XOGAR A PENSAR?

No horario deste curso incorporamos unha nova rutina, os mércores pola tarde xogamos a pensar. Dunha maneira lúdica trataremos de desenvolver as habilidades de pensamento a través dunha serie de actividades planificadas nas que os nenos/as poñan en práctica todos os seus sentidos, dando resposta as súas inquedanzas.

HABILIDADES DE PENSAMENTO:

HABILIDADES DE INVESTIGACIÓN
Son as que informan sobre o mundo.
- Adiviñar
- Averiguar
- Formular hipóteses
- Observar
- Buscar alternativas
- Anticipar consecuencias
- Seleccionar posibilidades
- Imaxinar: idear, inventar, crear
HABILIDADES DE CONCEPTUALIZACIÓN E ANÁLISE
Son as que utilizamos cando interiorizamos os pensamentos e lles poñemos nome.
- Formular conceptos precisos
- Buscar exemplos e contraexemplos
- Establecer semellanzas e diferenzas
- Comparar e contrastar
- Definir
- Agrupar e clasificar
- Seriar
HABILIDADES DE RAZOAMENTO
Son necesarias para ordenar e ampliar o coñecemento a partir de implicacións.
- Buscar e dar razóns
- Inferir
- Razoar hipoteticamente
- Relacionar causa e efecto
- Relacionar partes e todo
- Relacionar medios e fins
- Establecer criterios
HABILIDADES DE TRADUCIÓN E FORMULACIÓN
Son necesarias para explicitar, aplicar ou formular o resultado do coñecemento.
- Explicar, narrar e describir
- Interpretar
- Improvisar
- Traducir a linguaxe oral á mímica, e viceversa
- Traducir a linguaxe oral á plástica, e viceversa
- Traducir a varias linguaxes: musicais e outras
- Resumir
HABILIDADES DE PERCEPCIÓN
Permiten formarse unha idea sobre algo a partir dos sentidos. Son as que informan sobre o mundo.
- Observar
- Escoitar atentamente
- Saborear/degustar
- Ulir
- Tocar
- Percibir movementos (cinestesia)
- Conectar sensacións (sinestesia)

- PRESENTAMOS A NOSA AMIGA XOANIÑA, "XOA", QUE SERÁ A QUE NOS PRESENTE CADA MÉRCORES A ACTIVIDADE DE XOGAR A PENSAR.



DENTRO DA CAIXA HABÍA UNHA BOMBILLA CUNHA PREGUNTA: "QUE REPRESENTA PARA TI UNHA BOMBILLA ENCENDIDA?



ESTABLECIMOS AS NORMAS PARA XOGAR A PENSAR.





domingo, 4 de outubro de 2015

CHIBOS, CHIBÓNS

DATA
SETEMBRO DO 2015





ACTIVIDADE
CONTO: CHIBOS, CHIBÓNS
ÁREA DE APRENDIZAXE
LECTOESCRITURA




DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
LECTURA, ESCOITA ACTIVA E REPRESENTACIÓN GRÁFICA.

OBXECTIVOS
-          ESCOITAR CON ATENCIÓN O CONTO.
-          INTERPRETAR O CONTO A TRAVÉS DO DEBUXO.
-          IDENTIFICAR OS PERSONAXES EN FUNCIÓN DO SEU TAMAÑO (grande, mediano e pequeno).
-          ESTABLECER CORRESPONDENCIA ENTRE O SON E O TAMAÑO DO PERSONAXE.
     PATÍN - PEQUENO
     PATÁN - MEDIANO
     PATÓN - GRANDE