venres, 12 de decembro de 2014

"XA ME TARDAN ESTES MAGOS"

COMO DESPEDIDA DA SEMANA, DECIDIMOS LER UN DOS POEMAS QUE AGOCHA O LIBRO DE MAMÁ CABRA "XA ME TARDAN ESTES MAGOS".
A MESTRA LEUNOS OS VERSOS QUE O COMPUÑAN E DESPOIS ESCOITAMOS MOI ATENTOS/AS A CANTIGA DO CD DE MÚSICA.


O CONTIDO DA CANTIGA SUSCITOU ALGUNHAS CUESTIÓNS...

"Eses magos, son os Reis Magos?"
"Os nenos/as que axexan nas ventás teñen que ir para a cama, para que poidan vir os reis"
"Entón... xa falta pouco para que veñan?"
"Veñen en camelos?"
Dende onde?"

mércores, 10 de decembro de 2014

TEATRO: "EL CABALLERO SIN CABALLO"

O VENRES 12 DE DECEMBRO O ALUMNADO DE INFANTIL E O 1º NIVEL DO 1º CICLO DE PRIMARIA ACUDIRÁ Á REPRESENTACIÓN TEATRAL: "EL CABALLERO SIN CABALLO", DA COMPAÑÍA PIZZICATTO.


Hace mucho tiempo, en una época mágica llena de misteriosos seres y castillos encantados, un trovador cantó esta historia. "El Caballero sin Caballo" Este singular personaje, en su errante camino, vivió fantásticas aventuras y su sueño más preciado, rescató a una bella princesa de las garras siniestras del malvado Brujo.




E ASÍ O ILUSTRARON OS CATIVOS/AS...















martes, 9 de decembro de 2014

luns, 8 de decembro de 2014

"LA NOCHE ESTRELLADA" DE VINCENT VAN GOGH

"La noche estrellada" de Vincent Van Gogh

La noche estrellada (en neerlandés De sterrennacht) es una obra maestra del pintor postsimpresionista Vincent van Gogh. El cuadro muestra la vista exterior durante la noche desde la ventana del cuarto del sanatorio de Saint-Rémy-de-Provence, donde se recluyó hacia el final de su vida. Sin embargo, la obra fue pintada durante el día, de memoria. Data de mediados de 1889, trece meses antes del suicidio de van Gogh. Desde 1941 forma parte de la colección permanente del Museo de Arte Moderno de Nueva York. Considerado como el magnum opus de van Gogh, el cuadro ha sido reproducido en numerosas ocasiones, siendo una de sus obras más conocidas. Ha usado óleo humedecido y pinceles finos.












Realizado por el alumnado de 5º y 6º de Primaria.

AS TARXETAS DAS EMOCIÓNS

A partir do material elaborado pola nosa compañeira Esther, a mestra Lara preparou as tarxetas das emocións a través dun xogo.


COMO NOS SENTIMOS?

Cada neno e nena da aula expresou momentos, persoas, situacións que lle xeraban unha emoción: tristeza, alegría, sorpresa, medo, enfado... 
En pequenos grupos, cada un/unha representou a súa emoción a través dos xestos da cara.

luns, 1 de decembro de 2014

O LIBRO DAS EMOCIÓNS

As emocións están moi presentes na aula. A escola convértese nun espazo no que se producen  conflitos que provocan en nós diferentes emocións: alegría, tristeza, medo, sorpresa, enfado...

A mestra Lara elaborou un caderno no que recollía como se sentían os nenos e nenas nese día.

PARA QUE EMPREGAMOS OS CATÁLOGOS DE XOGUETES?

Coa chegada do Nadal aparecen na escola os catálogos de xoguetes. 

Pero..."PARA QUE OS EMPREGAMOS?"

- Para clasificar os xoguetes en categorías, atendendo a súa funcionalidade (lóxica, lectura, xogos de mesa...).

- Para traballar a lectoescritura a través do nome (etiquetar o catálogo).

- Para xerar diálogos a través da presentación do catálogo (significado do termo, nome da tenda, orixe do catálogo...).

- Para compartir momentos de recollida.

- Para fomentar valores de tolerancia, respecto, igualdade...

LARA E JOAQUÍN

HOXE LEMBRÁMONOS MOITO DE LARA E JOAQUÍN, OS MESTRES QUE ESTIVERON CON NÓS PARTE DESTE PRIMEIRO TRIMESTRE.

"NON VOS ESQUECEMOS, PROFES"

JOAQUÍN







LARA




ATA PRONTO!