luns, 18 de abril de 2016

PROXECTO DE MELLORA INTEGRAL

Cultura e Educación analizará o proxecto de mellora integral do CEIP Ortigueira, unha iniciativa innovadora na que participa toda a comunidade educativa.

O conselleiro Román Rodríguez mantivo onte unha xuntanza co director do centro e o alcalde do Concello, que lle presentaron este plan a longo prazo, co que se busca adaptar os espazos ao sistema educativo do século XXI.


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo onte unha reunión co alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, e co director do CEIP Ortigueira de Santa Cruz de Ribadulla, Jaime Furelos, na que analizaron un proxecto de mellora integral do dito colexio elaborado pola propia comunidade educativa do centro.

Durante o transcurso do encontro, ao que tamén asistiron o arquitecto autor do proxecto e un profesor, os responsables da iniciativa presentáronlle ao conselleiro os eixos sobre os que pivotará este innovador e pioneiro plan. Trátase, en definitiva, de adaptar os espazos deste centro centenario ao sistema educativo do século actual.

Cómpre destacar que, nesta experiencia participa toda a comunidade escolar do centro, o que incentiva o traballo colaborativo dentro da escola e favorece o clima de convivencia. En concreto, no curso actual hai 77 alumnos e alumnas dispostas a participar no futuro arquitectónico do seu colexio, unha iniciativa a través da cal se fomenta a adquisición de valores e de novas competencias por parte do alumnado, tendo en conta que a arquitectura é unha ferramenta máis para educar.

Pola súa banda, o conselleiro comprometeuse a estudar este traballo, proxectado a longo prazo ao tratarse dun plan elaborado e acordado por toda a comunidade educativa para dar resposta aos desafíos das vindeiras décadas.

Mellora no saneamento do CPI de Vedra
Así mesmo, Román Rodríguez e mais o alcalde tamén estudaron posibles actuacións a levar a cabo no CPI de Vedra, enmarcadas dentro da estratexia de cooperación conxunta entre ambas as dúas institucións para mellorar as infraestruturas dos centros do municipio. Deste xeito, o titular do departamento educativo da Xunta explicou que se acometerá unha mellora no saneamento do dito colexio.

FONTE: http://www.edu.xunta.es/portal/node/18684

luns, 11 de abril de 2016

OS XOGOS DO MUNDO: ÁFRICA

Neste último trimestre o grupo de Educación Infantil desenvolverá un proxecto proposto polo equipo de Biblioteca que leva por título “Os xogos do mundo”.
Adiviñades cal é o continente que imos investigar…?


Pedímosvos que enviedes ao colexio todos aqueles materiais que nos axuden a realizar o proxecto dunha maneira construtiva, partindo dos recursos aportados polos nenos/as. Interésanos moitos coñecer a cultura e vida africana. Podédesnos axudar enviando:

- Información variada: libros de consulta, enciclopedias, páxinas web, recortes, novas dos xornais, textos e imaxes de animais africanos…
- Contos
- Cancións
- Xogos
- Adiviñas
- Receitas de cociña
- Películas
-

Lembrade a importancia de traballar os contidos previamente cos vosos fillos/as para que eles/elas poidan explicar aos seus compañeiros/as todo aquilo que nos van ensinar.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!

XOGA

O martes 12 de abril o alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria acudirá ao espectáculo de danza contemporánea "XOGA", onde se mestura baile, audiovisual e música enriba do escenario do Teatro Principal.


domingo, 10 de abril de 2016

CAMILA ENGMAN

No recuncho de arte desta semana traballaremos a partir dunha das obras de Camila Engman.



(*) clicar na imaxe para visualizar algunhas das súas obras.

mércores, 6 de abril de 2016

FESTA FIN DE CURSO VOZ NATURA


O Programa Voz Natura convida ao colexio CEIP Ortigueira a participar na festa de fin de curso 2016, que será celebrada o sábado 4 de xuño en Culleredo no parque de Acea de Ama.
Tanto a entrada como o transporte ata as instalacións serán gratuitos. Unicamente teredes que anotarvos nunha lista que proximamente vos enviaremos aos vosos fogares.

Aquí vos adxuntamos a información que aparece na web de Voz Natura:

"Ya hay fecha. El sábado 4 de junio es el día para señalar en la agenda. Miles de escolares de Galicia y sus familias tienen una cita ese día en Culleredo, en el parque de Acea de Ama, para celebrar el fin de curso de Voz Natura. La Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre ha programado para esa jornada una gran celebración con entrada libre para todas las personas que deseen asistir, participen o no el programa.

Se trata de despedir por todo lo alto la 19.ª edición de Voz Natura en la que están participando 59.000 estudiantes de 324 centros educativos y asociaciones. Sus proyectos de actuación medioambiental entran estos días en su última fase. Una vez concluidos, llegará el momento de preparar la exposición que se instalará en la fiesta y en la que todo el mundo podrá ver de cerca el impresionante trabajo que cada curso ejecutan profesores y alumnos".




domingo, 3 de abril de 2016

FEO

O martes, 5 de abril, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria acudirá á obra de teatro "FEO" representada pola Compañía de Teatro Caramuxo.
Caramuxo Teatro presenta un espectáculo de pequeno formato, inspirado en “O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen, para nenos a partir de 3 anos. A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente... Feo! É un canto á diversidade e a esencia dun mesmo.



Paseando polas rúas da zona vella, seguindo o cartel escrito por Noelia "EXCURSIÓN"...


Chegada ao Teatro Principal...



Dispostos nos nosos asentos para gozar da obra de teatro Feo...



Regreso ao autobús e parada na Alameda para ver os parrulos...


Tras acudir ao teatro moitos alumnos/as relacionaron a obra "Feo" co conto do "Parruliño feo". Aquí vos deixamos unha das versión do conto: