domingo, 27 de novembro de 2016


OBRAS NO COLEXIO...

Como xa todos e todas sabedes, temos obras no colexio. Dende o primeiro momento, chamáronnos moito a atención polo que decidimos incluílas no noso traballo diario na aula. 


Comezamos tratando de establecer hipóteses sobre para que se fan estas obras. Algúns dicían que para uns baños, outros para unha piscina, algúns que eran para romper o colexio... E observando todos os días o traballo dos obreiros, descubrimos moitos materiais, ferramentas e máquinas. 



Estes son os debuxos dalgunhas das nosas ideas sobre as obras. 













Tamén analizamos outro material imprescindible nunha obra: os planos. Aínda que nun principio esta palabra non a coñeciamos, si que nos pareceron mapas e debuxos de casas. 







Por último, descubrimos que para debuxar os planos o arquitecto fixo moitas liñas, sobre todo rectas. Así que buscamos e repasamos con cores liñas rectas nos planos do colexio. 














Para rematar, experimentamos manipulativamente coas liñas rectas e curvas empregando fíos de cores. Cada un de nós tiña un anaco de fío co que fomos realizando diferentes experimentos gráficos no patio. 

Xulia crea unha uve. 


Silvia fai unha venda para o seu dedo.


Minia e Mariña crean orixinais pulseiras.










Logo, probamos a facer as formas dos xogos que hai pintados no patio.




Tamén se nos ocorreu facer a liña recta máis longa do mundo! E xogamos a pasala dun lado a doutro, camiñar sobre ela...

Por últimos, creamos un xogo nun recuncho do porche que estaba desaproveitado debido ás obras. Que ben o pasamos tratando de cruzar os fíos sen tocalos!!











Esta é a nosa estrutura de liñas rectas coa que aínda xogamos durante os recreos.




O MEU CONTO FAVORITO

Neste primeiro trimestre, estamos a traballar o xénero narrativo e, dentro del, o conto. Unha das actividades que estamos a desenvolver é "O meu conto favorito". Cada un trae á clase o seu conto preferido e preséntallelo aos demais.



 O conto favorito de Xoel é Pedro e o Lobo.




Siro ten dous contos favoritos: ¿Puedo mirar tu pañal? e A que sabe a lúa?



Pero tanto nos gustan os contos, que nos animamos e decidimos contarllos nós mesmos aos compañeiros e compañeiras.


Silvia contounos Riciños de Ouro que é o seu conto preferido.




Carmen trouxo tres contos: O emocionante día do caracol Piti, Os Bolechas van de voda e Peppa Pig, the fire engine.



Vera contounos Cocorico, sábeo todiño e menudos sustos nos dou imitando ao Gato Pelado!




Mateo trouxo Mi primer diccionario co que aprendemos novas palabras.




Marco tamén trouxo un diccionario no que aparecen animais, formas, cores...


E para rematar, os nosos pais e nais viñeron contarnos os contos que eleximos. Pasámolo moi ben e encantáronnos estes contacontos familiares. Grazas a todos e a todas pola vosa participación!

















25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACINAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, as nenas e nenos de Infantil realizamos un obradoiro conxunto sobre este tema. 


Escoitamos o conto de Arturo e Clementina e debatimos entre todos sobre as actitudes dos protagonistas. 


Despois, quixemos realizar unha homenaxe a esta celebración empregando un símbolo da loita contra a violencia de xénero. a cor violeta. Nós mesmos mesturamos o vermello e o azul para crear a cor que simboliza a importancia de esforzarse por lograr un mundo libre de violencia. E este foi o resultado!