O mércores 26 de marzo, o alumnado de Primaria realizou unha visita ao "Museo Nacional de Ciencia y Tecnología" (MUNCYT), na provincia de A Coruña.
O alumnado e profesorado recorreu algunha das diferentes salas que o compoñen.
SALA IBERIA: Onde puideron visitar a cabina e a parte dianteira do Boeing 747 "Lope de Vega".
SALA MAYÚSCULAS: Onde atopábanse diversos hitos relacionados co desenvolvemento científico e tecnolóxico do noso país; como o primeiro ordenador que chegou a España, o primeiro acelerador de partículas ou a primeira máquina cinematográfica de Galicia.
SALA PATRIMONIO: Onde faise unha selección das pezas máis históricas do MUNCYT. Entre as distintas pezas da sala atopábanse instrumentos que databan de entre o século XVI ata o século XIX, fundamentais nas ensinanzas das ciencias experimentais, a navegación, as matemáticas ou a astronomía.
Na segunda parte da visita os nenos e nenas realizaron un "Obradoiro tecnolóxico".
Despois do gasto de enerxía, tocaba recargar pilas. E que mellor maneira que cun gran XANTAR...
Chegou o momento da saída do MUNCYT...
Estando en A Coruña, esta excursión non podía rematar sen un paseo pola Torre de Hércules.
Ningún comentario:
Publicar un comentario