luns, 2 de xuño de 2014

EXCURSIÓN Á CASA DO PATRÓN

O xoves 29 de maio tivo lugar a excursión de fin de curso ao Museo Etnográfico a Casa do Patrón, no concello de Lalín.




Alí leváronse a cabo unha serie de obradoiros dirixidos á recuperación de prácticas habituais de antano, como foron a elaboración do pan e do queixo.

O QUEIXO



  




O PAN


Tamén fixemos un percorrido guiado polo museo, recorrendo as trece salas de exposición organizadas por temáticas, onde puidemos observar antigas escolas, hábitos de vida dos nosos antepasados, oficios esquecidos, unha taberna...


Entre obradoiro e obradoiro, xantamos e realizamos uns xogos tradicionais ao aire libre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario