xoves, 23 de novembro de 2017

OS RECUNCHOS COMO ESPAZOS DE APRENDIZAXE

QUE SON OS RECUNCHOS?
Os recunchos son espazos delimitados da aula onde os nenos/as, individualmente ou en pequenos grupos, realizan de maneira simultánea diversas actividades de aprendizaxe previamente programadas. Cada un deses espazos presenta material propio, relacionado coas áreas de aprendizaxe que se pretenden desenvolver (lingüística, matemática, científica, dramática, tecnolóxica, musical…).

POR QUE TRABALLAMOS POR RECUNCHOS?
- Fomenta a autonomía, confianza e seguridade nun mesmo.
- Favorece as relacións sociais entre o grupo de iguais.
- Permite unha atención individualizada por parte da mestra.
- Responde ás diferenzas, intereses e ritmos de aprendizaxe.
- Potencia as necesidades e os desexos de aprender e a ansia de investigar.
- Favorece a utilización de distintas técnicas e estratexias de aprendizaxe para dar resposta a un problema.
- Desenvolve o sentido da responsabilidade en relación ao traballo e ao material (necesidade dun orden).
- Abre paso á creatividade, á imaxinación e aos tempos para pensar.

COMO TRABALLAMOS POR RECUNCHOS EN INFANTIL?

ANTES
- Delimitamos o espazo da aula, con material propio para cada recuncho.
- Colocamos carteis representativos de cada recuncho (imaxe e texto).
- Situamos o número máximo de nenos/as por espazo, así como os ocos para que coloquen as súas fotos.

Neste curso académico 2017-2018 repartimos os recunchos nas dúas aulas, sendo unicamente o recuncho de biblioteca e o do ordenador os únicos comúns a ámbalas dúas.

AULA A
Construcións
Psicomotricidade grosa e fina
Ciencias
Arte
AULA B
Lóxica
Ordenadores

Xogo simbólico e biblioteca (*)
- Establecemos o cartel coas normas.


- Delimitamos no horario os momentos e a duración do traballo nos recunchos (polas tardes: martes, mércores e xoves – 50 minutos).
- Presentamos as actividades e materiais para cada un dos recunchos.

DURANTE
- Os nenos colocan a súa foto no recuncho que eles escollan, cumprindo as normas establecidas.
- Realizan as actividades programadas, coa supervisión das dúas mestras.

DESPOIS
- Recollen diariamente nunha táboa de dobre entrada aqueles recunchos polos que pasaron, realizando a tarefa programada.



- As mestras recollen a través dunha táboa de rexistro os logros acadados por cada alumno/a, así como as dificultades atopadas (avaliación individual).


BIBLIOGRAFÍA
- Rincón a rincón. Estela Fernández, Lurdes Quer, Rosa M. Securún. Editorial Octaedro
- BLOG: http://www.aprendiendoeninfantil.com/

ALGÚNS EXEMPLOS DE ACTIVIDADES NOS RECUNCHOS DAS PRIMEIRAS SEMANAS













Ningún comentario:

Publicar un comentario