xoves, 30 de novembro de 2017

OS NOSOS ANIVERSARIOS

Este curso decidimos realizar novas actividades para celebrar un día tan importante como é do aniversario de cada un.

PHOTOCALL.





Adoptamos este termo para referirnos ao mural que serve de fondo para a realización das fotografías. O photocall funciona como un espazo que habilitamos unicamente nos días próximos ao aniversario de cada neno ou nena. Deste xeito, actúa como un elemento indicador de que esa semana na clase, estamos a celebrar un evento moi importante diferente a todas as demais rutinas semanais.

Ademais do fondo, o photocall está acompañado dunha mesa onde os nenos e nenas poden atopar:
- Elementos para caracterizarse para a fotografía.
- Bocadillos con mensaxes e dedicatorias para o compañeiro/a que cumpre anos.



OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:

  • Iniciarse no uso da cámara fotográfica e na realización das fotografías (encadre, xestos, colocación espacial...). 
  • Identificar e diferenciar as mensaxes longas e as mensaxes curtas (recoñecemento visual).
  • Contabilizar o número de palabras das mensaxes.
  • Identificar e seleccionar de entre todas as mensaxes, aquela que queremos enviar según o que queiramos transmitirlle ao noso amigo/a.
  • Recoñecer palabras clave que permitan identificar a mensaxe (candeas, agasallos, desexo...).
  • Interpretar o significado da mensaxe (lectura).
  • Coñecer unha nova tipoloxía de texto: o cómic (a través do uso dos bocadillos).
  • Disfrutar compartindo experiencias e momentos cos amigos e amigas.








As actividades realizadas en torno ás mensaxes de felicitación poden ser tanto individuais como grupais.

Aquí tedes algúns exemplos dos resultados do photocall.







Coas fotografías feitas durante o día, cada neno/a elabora unha cadro que decora ao seu gusto para levalo como recordo da celebración do seu aniversario no colexio.


A LIÑA DO TEMPO

Acompañando ao photocall, durante a semana do aniversario, cada neno/a elabora a súa liña do tempo a partir das fotografías que trae da casa.
A liña do tempo é unha recta na que situamos os números correspondentes a cada ano de vida. O neno ou nena debe colocar as fotografías por orde cronolóxica para o cal é moi importante que visualicen os cambios físicos que sofren dun ano para outro.






OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:

- Ser conscientes do paso do tempo.
- Apreciar os cambios que se producen en nós mesmos según medramos.
- Achegarse ao ano como unidade de medida do tempo.
- Coñecer a recta numérica.
- Ser capaz de ordenar cronoloxicamente diferentes momentos representados en fotografías.
- Describir o contido das imaxes asociándoas a vivencias persoais.
- Ser capaz de elaborar preguntas sobre as fotografías que presentan os compañeiros/as.






Ningún comentario:

Publicar un comentario