Caeu ao chan e non sabíamos se estaba viva ou morta, así que decidimos colocala fora ao lado dunha pola. Pasados uns minutos voltamos onde deixaramos ao insecto e cal foi a nosa sorpresa ao observar que xa non se atopaba ao lado da pola! Estaba viva!
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira) ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño.
Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais.
A larva deste insecto pasa de un a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos. As larvas alcanzan un tamaño cosiderábel, chegando incluso a 10 centímetros de longo. Os adultos aliméntanse do zume das árbores e de zume de froitas maduras.
Poden voar, alcanzando velocidades de ata 6 km/h.
Existen diversas teorías sobre como se aparean, aínda que a máis probable é que os machos se agrupen en torno ás femias e as disputen en combates que poden chegar á morte dun dos contrincantes. As femias poñen os ovos en fendas nas árbores, e estes eclosionan ao redor de dúas ou catro semanas despois de ser postos.
Este insecto é considerado o maior escaravello de Europa. O tamaño oscila entre 30 e 90 milímetros no caso dos machos e 28 e 45 milímetros nas femias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario