Neste curso 2014-2015 o alumnado
de Educación Infantil e 2º ciclo de Educación Primaria propúxose participar no
Programa Prensa-Escola da Voz de
Galicia que se desenvolve en colaboración co
Programa Voz Natura co que estamos colaborando dende o curso pasado.
Este concurso, aberto a toda a
comunidade escolar galega, busca que os alumnos/as dende a Educación Infantil
ata etapas superiores, se familiaricen coa lectura e o manexo do xornal e
desenvolvan a súa capacidade de exposición e redacción baseándose nas informacións
publicadas na edición impresa ou dixital
da Voz de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario