luns, 13 de xullo de 2015

A VISITA DOS BOMBEIROS

O último día do curso recibimos unha visita moi especial: OS BOMBEIROS!
Explicáronnos o importante que era coidar o monte, non tirando lixo nin facendo lume; así como as repercusións que poderían ter eses actos para o medioambiente (plantas e animais) e para a vida do ser humano.
Pablo converteuse nun verdadeiro axudante, probando o traxe dos bombeiros.


Ensináronnos o funcionamiento do camión de bombeiros e ata puidemos subir nel! E para refrescarnos... que mellor maneira que coa auga das mangueiras!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario