xoves, 3 de decembro de 2015

MARIÑA VIAXA A LONDRES

A nosa compañeira Mariña marchou onte a Londres. Todos e todas estabamos moi interesados en saber a situación xeográfica de Londres e se a distancia que tería que percorrer Mariña dende Galicia sería moita ou pouca.

- Investigamos no mapa do mundo. A que continente pertencería? Rapidamente Gael contestou que a África non, porque cando el estivera en Marrocos non lembraba escoitar ese nome de cidade.
Entón onde estará...?


- Atopámolo no mapa!! Londres é unha das cidades máis coñecidas de Europa e pertence ao país de Reino Unido, unha illa en forma de coello.


- Pensamos en que medios de transporte podería viaxar Mariña. Ao ser unha illa, ocorréusenos que unicamente había dous: barco ou avión. Mariña confirmounos que viaxaría en AVIÓN.


- Recollemos por escrito a experiencia.

2 comentarios:

  1. Xa estamos en Londres, pero non nos olvidamos de ver o blog da nosa escola coma sempre. Fíxonos moita ilusión ver este post. Dende aqui enviamosvos saudos a todos!

    ResponderEliminar
  2. Ola Patricia e Mariña:
    Alegrámonos moito que vos gustara a entrada e que esteades disfrutando da vosa viaxe a Londres. Mariña, botámoste moito de menos, vente axiña! ;)
    Dende Sta Cruz mandámosvos moitos biquiños os nenos, as nenas e as mestras do CEIP Ortigueira.
    Ata pronto!!!!

    ResponderEliminar