Neste curso incorporamos unha nova rutina diaria no noso horario: A RELAXACIÓN.
Antes de comezar a asemblea apagamos as luces e da comezo a nosa sesión de relaxación que ten unha duración de entre 5-15 minutos, dependendo do exercicio.
Por que practicamos a relaxación na aula?
Cando nos sentimos alterados/as, tensos/as ou nerviosos/as, os nosos músculos do corpo póñense ríxidos, tensos e duros. Aprender a distinguir cales son esos músculos, permitiranos detectalos e traballar con eles para relaxalos. Aprender a relaxarnos axúdanos a controlar as nosas emocións dunha maneira autónoma e autodidacta.
Un dos xogos que practicamos é o XOGO DO ESPELLO. Organízase o grupo en parellas. Cada membro da parella realizará unha acción que terá que ser reproducida polo seu compañeiro/a que adquire o rol de espello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario