Dende o equipo de biblioteca propúxose traballar a nivel de centro os xogos infantís nos distintos continentes. Cada aula representaba un continente e a nós tocounos África.
Decidimos que para coñecer os distintos xogos que tiñan lugar en África era importante previamente facer un estudo sobre a súa situación xeográfica, cultura e sociedade. O labor das familias foi clave no desenvolvemento do proxecto, en canto a súa disposición a enviarnos elementos característicos de África (xogos, contos, libros de consulta, música africana, estatuillas, instrumentos musicais, roupas...), así como o compartir das súas experiencias ou vivencias (información sobre o continente africano, experiencia cun neno en acollida, viaxe a África).
- PRESENTACIÓN DALGÚN DOS OBXECTOS APORTADOS POLAS FAMILIAS
- INTERACCIÓN COS OBXECTOS NO RECUNCHO DE CIENCIAS
- OS ANIMAIS DE ÁFRICA: Enumeración, clasificación, ilustración e adiviñas.
- SOMBRAS AFRICANAS: Debuxo da silueta coa súa sombra e xogo no recuncho de lóxica-matemática.
- AS FAMILIAS AFRICANAS: Emprego de telas para disfrazarnos e ilustración no recuncho de arte das nosas familias, empregando as telas como elemento característico das vestimentas africanas.
- XEOGRAFÍA AFRICANA:
. Realizamos unha visita virtual en avión a algúns dos países africanos e localizamos eses países no mapa de África.
(*) clicar na imaxe
. Estimamos cantos países había en África.
- VISITAS FAMILIARES:
. O papá de Telmo e Beltrán explicounos a formación dos continentes, as características físicas-xeográficas de África e fixo un percorridos polas diferentes músicas africanas máis características nos diferentes países do continente.
. A mamá de Carlota falaunos da súa experiencia como familia de acollida temporal dun neno africano, centrándose nos costumes, clima, vivenda, vexetación...
. Os papás de Gael recrearon a súa viaxe a África, mostrándonos imaxes do campamento e do safari que realizaran.
- OS XOGOS DE ÁFRICA: Unha vez que afondamos na xeografía e cultura de África, desenvolvemos xogos propios do continente a través de sesións grupais e sesións de psicomotricidade.
. Gato come o rato - Angola. Xogo de persecución
. Dosa - Benin. Xogo de habilidade con vasos e pedras
. Usione - Tanzania. Xogo con panos
. Txila-La - Arxelia. Xogo de pelotas
Ningún comentario:
Publicar un comentario