CHEGOU O INVERNO!
Para celebrar a chegada o inverno decidimos facer unha actividade plástica con paraugas vellos ou rotos. En grupos pintámolos con gotiñas de cores que imitaban as gotas de chuvia pero quixemos darlle un toque de cor.
Outra das actividades que realizamos foi a de facer xeo de cores e pintar con el. Comezamos facendo unha lista dos materiais que precisabamos.
De seguido, mesturamos auga e colorante alimentario e enchemos as bolsas de auga coloreada para levalas ao conxelador.
Velaquí o resultado.
Co xeo preparado, comezamos a pintar con el. Que obras de arte conxeladas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario