Buscamos os meses do ano na asamblea e saíron 12! Algúns dos nenos/as sabían en que meses naceran, pero outros non. Para que puideramos velo todos os días, xa que se nos esquecía en moitas ocasións, decidimos recollelo nunha táboa que elaboramos nós coa axuda da mestra.
Xurdiron moitas cuestións:
- Por que se nacemos no mesmo mes temos idades distintas?
- Sempre cumpro no mesmo día?
- Cantos anos podo cumprir?
- ...
A posteriori, elaboramos unha táboa para detectar en que meses do ano había máis e menos nenos de aniversario. Primeiro, en gran grupo a través da información aportada polos nenos/as e despois en pequenos grupos por medio dunha actividade impresa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario