sábado, 10 de xaneiro de 2015

O TREN DE MARTIÑO, CHU, CHU, CHU


A PARTIR DO CONTO "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS"...


... XOGAMOS AO TREN DE MARTIÑO, MOVÉNDONOS AO RITMO DA CANTIGA...

"O tren de Martiño, chu, chu, chu
vai polo camiño, chucu, chucu, chu"







FIXEMOS O RECONTO DOS VAGÓNS... 13!


DURANTE A VIAXE UN DOS VAGÓNS DESCARRILOU... O QUE XEROU UN CONFLITO E UN ENFADO. PREGUNTÁMOSLLE AO "VAGÓN" (PABLO) QUE PODIAMOS FACER OS DEMAIS VAGÓNS PARA QUE EL SE SENTISE MELLOR. RAPIDAMENTE CONTESTOU...

"Sentiríame moito mellor se me dades unha aperta"

UN A UN, OS VAGÓNS LEVANTÁRONSE, OFRECÉNDOLLE AQUILO QUE PRECISABA.









FINALMENTE REMATAMOS A ACTIVIDADE CREANDO DOUS TRENS QUE SE MOVÍAN SEGUNDO AS CONSIGNAS ASIGNADAS POLO/POLA MAQUINISTA.

NEUTRO



DEREITA - ESQUERDA


ADIANTE


ATRÁS

Ningún comentario:

Publicar un comentario