Este curso volvemos a participar no Concurso de debuxo da Camelia organizado polo Concello de Vedra. A técnica que empregamos desta volta foi a estampación de círculos empregando tapóns traídos das nosas casas.
O proceso seguido foi este:
- Primeiro cada un de nós deciciu se ía debuxar unha dúas ou tres flores que representamos mediante círculos feitos con rotulador permanente.
- Logo, cubrimos o interior dos círculos con outros máis pequenos creados con tapóns impregnados de témpera de cores similares ás flores da camelia, é dicir, rosa e vermello.
- A continuación, empregamos a témpera sólida para elaborar a follaxe que rodea ás flores.
- Por último, enchemos o espazo gráfico restante con acuarela.
O venres 23 de febreiro, acudimos en tres quendas á antiga casa do mestre a participar na composición con pétalos de camelia que a ANPA deseñou. O noso labor consistiu en colocar pétalos de camelia e fixalos con alfileres sobre a estrutura dunha fermosa fonte. Velaquí estamos no proceso de recubrimento.
O sábado 24 de febreiro puidemos desfrutar da composición exposta na Festa da Camelia.
Parabéns á ANPA polo seu traballo e por facernos partícipes desta actividade tan fermosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario