Esta mañá o alumnado de educación infantil acudiu á aula C onde tivo lugar unha exposición de pontes do río Ulla, presentada por unha das membras da Asociación Raiceiros, a nosa compañeira e amiga Chío.
Chío explicounos en que consistía unha asociación, incidindo en que a Asociación de Raiceiros buscaba achegarse a aqueles elementos propios da cultura galega, atendendo á nosa zona de procedencia, o concello de Vedra.
Continuou definindo, facendo partícipes aos nenos/as, cal era a función dunha ponte, que elementos eran os que a atravesaban (vehículos-persoas), os materiais que a compuñan, características dun río, orixe e desembocadura do río Ulla (ría de Arousa)...
Mostrounos algunha das pontes máis características do noso concello, situándoas dentro da nosa xeografía, como son Ponte de Gundián, Ponte Ledesma, a Ponte do ave do río Ulla, Pontevea, entre outras.
Despois da exposición Chío ensinounos un xogo da oca, adaptado á temática das pontes "De ponte a ponte". No xogo podiamos atopar preguntas sobre gastronomía, folklore e construcións.
Gustounos tanto que Chío deixóunolo para que puidesésemos xogar durante os recunchos abertos.
Agradecerlle a Chío o seu tempo e dedicación; aprendemos moito contigo e da maneira máis divertida, xogando!
Tamén agradecer a Silvia a axuda que nos brindou para que esta exposición chegase ao noso colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario