Quincenalmente, nas dúas aulas de Educación Infantil desenvolvemos unha sesión de grafismo. Trátase dunha nova proposta que incluímos este curso na que a través do trazado e o debuxo se traballan unha serie de habilidades relacionadas coa orientación espacial, as formas e composicións xeométricas e a capacidade de execución.
Os obxectivos que perseguimos a nivel xeral con esta proposta son:
- Mellorar e perfeccionar o trazo.
- Recoñecer e trazar diferentes formas planas.
- Coñecer e diferenciar as cores básicas.
- Afianzar conceptos espaciais básicos (arriba, abaixo, grande, pequeno, dereita, esquerda…).
- Ser capaz de seguir instrucións verbais cunha determinada secuencia e ser quen de interpretalas e expresalas na produción plástica.
- Apreciar o valor artístico das creación propias e dos demais.
- Desenvolver a creatividade e o gusto artístico.
- Descubrir a posibilidade de que todos temos a capacidade de elaborar unha creación artística.
O obradoiro comeza rememorando os pasos básicos a seguir e que sintetizamos en tres accións:
ESCOITAR - PENSAR - FACER
O primeiro paso é escoitar cada unha das premisas que lemos en voz alta unha vez para todo o grupo. Cada proposta soe contar con un total de cinco instrucións que están relacionadas para lograr unha creación final. En moitas ocasións, esta proposta segue a temática que estamos a traballar na aula nese momento.
Trala escoita, reflexión e realización, volvemos a xuntarnos en gran grupo para analizar as instrucións entre todos e ver se cada un de nós seguiu as indicacións dadas e en que grao de cumprimento. Esta actividade de revisión, permítenos realizar unha autoavaliación das nosas propias producións.
As melloras dende a primeira das producións ata a actual son máis que evidentes!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario