luns, 5 de maio de 2014

"A FRAUTA MÁXICA"

Wolfgang Amadeus Mozart naceu en Austria en 1756 e foi un dos compositores máis grandes do noso tempo, empezou a compoñer música con tan só cinco anos! En 1791 compuxo A FRAUTA MÁXICA, unha ópera para teatro popular, un conto de fadas.
O pasado martes o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria acudiu ao concerto didáctico de "A frauta máxica" que tivo lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
Na actuación participou a Banda Muncipal de Música de Santiago representando a ópera de Mozart e o grupo de teatro Viravolta Títeres dándolle vida aos personaxes da obra.


Tamino é un príncipe que foxe dunha serpe xigante. 3 mulleres máxicas matan ao fabuloso animal. Son damas da Raíña da Noite que lle di a Tamino que a súa filla Pamina foi secuestrada por Sorastro, rei dun país próximo. Se a libera, daralla por esposa. Tres novos obséquianlle cunha frauta máxica que lle axudará en caso de perigo. A Raíña da Noite é malvada, quere eliminar a Sorastro que o que fixo é axudar a Pamina. Tamén axudará a Tamino que debe pasar unha serie de probas para poder casar coa rapariga. Supera as probas, pasa polo templo da Razón e chega ao Templo da Sabedoría. A Raíña da Noite será destruída polas forzas de Sorastro. O príncipe, cumprido o seu camiño de iniciación, casa con Pamina.













E para rematar, gustaríanos compartir con todos e todas vos o conto de Die Zauberflöte "The Magic Flute"adaptado por Silvia Montes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario