A semana pasada deu comezo esta actividade, na que as nenas de 6º de Educación Infantil serán as protagonistas.
Entre
todos coloreamos e organizamos as letras da palabra PROTAGONISTA e buscamos un recuncho para poñer os recursos aportados ao
longo da semana:
Trouxo moitas fotos, o seu conto favorito, os xoguetes que máis lle gustan, roupiña de cando era bebé,...
Fixemos
unha margarida coas cualidades positivas da nosa compañeira, para isto
debuxamos os pétalos en cartulina, recortámolos e contámolos para
asegurarnos de que chegaban para todos.
Escribimos neles as nosas mensaxes:
E este é o resultado!
Por
último visitounos a mamá de Paula e ensinounos un montón de fotos!! Explicounos alguns dos momentos máis representativos da vida de Paula e
contounos como é na súa casa e coa sua familia.
Moitas grazas pola visita!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario