GAEL TROUXO Á CLASE UNHA CAIXIÑA CON LUZ ONDE APARECÍAN REPRESENTADAS AS 4 FASES DA LÚA.
NA ASAMBLEA CADA NENO/A EMITIU AS SÚAS HIPÓTESES PARTINDO DUNHA SERIE DE CUESTIÓNS:
- TEN REALMENTE A LÚA 4 CARAS?
- POR QUE VAN CAMBIANDO?
- EN QUE MOMENTO SE PRODUCE O CAMBIO DE CARA?
- VÍCHEDES REPRESENTADAS AS CARAS DA LÚA NALGÚN SITIO? E NA AULA?
- ...
INTENTAMOS DAR RESPOSTA PARTINDO DOS CALENDARIOS QUE AS FAMILIAS APORTARON AO INICIO DO ANO 2015.
NOVAS DÚBIDAS E CUESTIÓNS XURDIRON...
PENSAMOS EN NOVAS FONTES DE INFORMACIÓN E RAPIDAMENTE XURDIU A IDEA DE BUSCAR ALGÚN VÍDEO EXPLICATIVO EN INTERNET!
E FINALMENTE REALIZAMOS INDIVIDUALMENTE A ACTIVIDADE IMPRESA: "AS FASES DA LÚA":
Ningún comentario:
Publicar un comentario