O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA!
ESTES FORON OS CONTOS LIDOS:
A galiña Roxa atopou uns grans de trigo, sementounos, recolleu a colleita, foi ao muíño, forneou o pan... Pero nin o can, nin o gato nin o pato lle axudaron a facer todo ese traballo, os moi cómodos e nugalláns.
Un conto no que as cousas non son o que parecen. Está formado por imaxes encadeadas nas que a metade da imaxe inicial que se observa non se corresponde coa outra metade da imaxe, causando un efecto sorpresa.Este conto desenvolve a creatividade e a imaxinación dos nenos/as, permitíndolles crear historias a través das imaxes do conto.
Na casa de Guille óense ruídos estraños e ata a súa propia mamá está asustada. Pero Guille atopa a fórmula para desenmascarar os medos.
Moncho píntao todo: a cama, o mantel, a neveira, o avó... Despois dunha intensa xornada de traballo, insiste, con entusiasmo de pintor, en descubrir o que representa unha mancha de pintura negra sobre un papel branco. A mancha parece que se metamorfosea aos ollos de quen deixa voar a imaxinación pero, na súa teimosa busca, Moncho atópase tamén con persoas incapaces de darlle unha resposta....
Que supón nacer? A miña primeira viaxe é a historia do comezo da vida humana narrada en primeira persoa polo protagonista: un bebé no ventre materno. Un bebé que viaxa dentro do que el percibe como unha cápsula na cal percorre un universo descoñecido. Sabe que iniciou unha viaxe pero non sabe cara a onde. Dentro desa nave, o latexo do corazón da nai, que interpreta como son de motores, dálle seguridade.
GRACIÑAS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS POR COMPARTIR CON NÓS MOMENTOS TAN ESPECIAIS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario