luns, 16 de novembro de 2015

MAGOSTO 2015

O venres 13 de novembro tivo lugar a celebración do Magosto. Aínda que o tempo non nos acompañaba puidemos gozar dunha tarde chea de diversión.
Os espazos empregados foron o pavillón e o patio.
No pavillón os nenos e nenas de infantil presentaron ás familias esta festa popular galega a través da cantiga "Señora María, señor Manuel" e realizaron os tradicionais xogos de Magosto: relevos con culleres e castañas, e o xogo de roda "a castaniña por detrás".
No patio puidemos atopar unha diversidade de xogos: os zancos, as chapas, a chave, a mariola, os bolos...; así como os tan esperados xogos en equipo: carreiras de saco, tiro de corda e carreiras de relevos con carozos.
Finalmente rematamos a festa cun cucurucho de castañas quentiñas que os papás e mamás da ANPA prepararon con tanto agarimo.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración e participación!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do día...

Ningún comentario:

Publicar un comentario