mércores, 23 de abril de 2014

O DÍA DO LIBRO

Por que celebramos o Día do Libro?

O día 23 de abril foi elixido como o Día Internacional do Libro, posto que  coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega, no mesmo día do ano 1916.
A Unión Internacional de Editores propuxo esta data á Unesco, co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. A "Conferencia General de la Unesco" aprobouna en París o 15 de novembro de 1995, polo que a partir de dita data, o 23 de abril converteuse no "Día Internacional do Libro".

Aínda que todos os días atopamos un gran oco para gozar da nosa biblioteca, hoxe quixemos lembrar este día escollendo un conto que presentamos aos compañeiros/as, respondendo a esta pregunta:

"POR QUE CHE GUSTA ESTE CONTO?"

"PORQUE ME GUSTAN MOITO OS LOBOS"
"PORQUE ME GUSTA O LOBO QUE APARECE NO CONTO"
"PORQUE NO CONTO APARECE UN ELEFANTE"
"PORQUE FALA DO MAR"
"PORQUE HAI CHIBOS" - como na Princesa do Caurel
"PORQUE TEN MOITA LUZ" - a luminusidade que producen as cores claras das ilustracións!
"PORQUE HAI UN CAN E UN GATO"
"PORQUE O CROCODILO CONVÉRTESE EN MOITAS ESTRELAS" - constelación!
"PORQUE FANSE AMIGOS DE NOVO"
"PORQUE APARECE UN PIRATA CUN PARCHE E PORQUE ME GUSTAN MOITO OS BARCOS"

Ningún comentario:

Publicar un comentario