mércores, 23 de abril de 2014

O MAGO RICHARD

Con motivo da Semana da Prensa, elaboramos un pequeno xornal coas noticias que os nenos e nenas traían das súas casas. Unha desas novas, falábanos do Mago Richard, mago tecnolóxico que prendía unha bombilla mesturando ciencia con maxia.
Nós, ao igual que o mago Richard, intentamos prender unha bombilla, empregando unha variña máxica e a nosa propia chistera. Os resultados non foron os esperados pero chegamos a unha conclusión moi interesante "Para ser mago hai que estudar moito!".



"ABRA  CADABRA,
PATA  DE  CABRA"







Ningún comentario:

Publicar un comentario